18/04/18

PRESUME DE LER E DÉIXATE VER

Nesta semana do Libro, comezamos coa nosa actividade "Presume de ler e déixate ver". Atendede ás recomendacións dos compañeiros e compañeiras...


12/04/18

OUTRA DE ATRAPASOÑOS


Na sesión de hoxe, o libro escollido foi Pioneiras, escrito por Anaír Rodríguez e ilustrado por Nuria Díaz
Este libro fala de doce mulleres que conseguiron vencer as barreiras impostas ao seu xénero e dar os primeiros pasos por vieiros transitados ata ese momento só por homes. Mulleres reais e diversas que no seu día foron pioneiras en diferentes ámbitos e cuxas historias merecen ser coñecidas e postas en valor.

11/04/18

APADRIÑAMENTOS LECTORES

Hoxe tivemos unha nova sesión de apadriñamento lector para os cativiños de Educación Infantil 4 anos. Unha xornada inesquecible!!

09/04/18

PARABÉNS, CAROLINA!!


A nosa querida exalumna Carolina Gómez Garrido, acadou o segundo posto na Olimpiada Galega de Economía que tivo lugar o pasado sábado en Ourense. Non podemos estar máis orgullosas dela. 

PARABÉNS, CAROLINA!!!

06/04/18

ADEUS AO DIRECTOR ISAO TAKAHATA

O director de cine xaponés e cofundador do Studio Ghibli, Isao Takahata, faleceu aos 82 anos. Era creador, entre outras moitas, de series tan coñecidas como Heidi ou Marco
Destacamos a súa película La tumba de las luciérnagas, un emotivo alegato antibelicista ambientado na Segunda Guerra Mundial e considerada unha das mellores películas de todos os tempos.


05/04/18

SESIÓN DE ATRAPASOÑOS NA ESPERELA


O libro escollido para a sesión de Atrapasoños de hoxe foi Un bosque cheo de faias, de Francisco Castro, un texto sobre a violencia, o racismo e o poder da amizade.
No sorteo, o agasallo foi para Andrea, parabéns!

04/04/18

75 ANOS DE "O PRINCIPIÑO"


A obra de Antoine de Saint-Exupéry publicouse en abril de 1943 e converteuse nunha referencia mundial, grazas á súa reflexión sobre a vida e a natureza humana.
"Todas as persoas maiores foron ao principio nenos
 (aínda que poucas delas o recordan)".

22/03/18

POESÍA NO ATRAPASOÑOS


Ao ser onte o Día da Poesía, hoxe tivemos na Esperela un Atrapasoños moi especial. Xuntámonos os dous grupos para ler poemas de épocas e autor@s moi variad@s. Foi unha sesión estupenda!
Grazas, Belén, por facelo posible!!