Na Esperela xa tedes unha sección de relatos de medo propios do Samaín. Visitádea!
31/10/18
29/10/18
26/10/18
VOLVEN OS ATRAPASOÑOS!!
Hoxe comezamos coa primera sesión de Atrapasoños deste curso. Estaba convocado o alumnado de 3º e 4º de ESO e a asistencia superou as nosas expectativas. Houbo almorzo, agasallos e o máis importante, lectura. O texto escollido foi un relato de Sandra Cisneros titulado Once. Non puidemos empezar mellor!
Tedes máis información no blog de Atrapasoños.
24/10/18
DÍA DA BIBLIOTECA ESCOLAR
Desde o 24 de outubro de 1997 celébrase o Día Internacional da Biblioteca, recordando así a destrución da biblioteca de Saraxevo, incendiada en 1992 durante a guerra dos Balcáns.
23/10/18
PREMIO NACIONAL DE NARRATIVA
A escritora Almudena Grandes acadou hoxe o Premio Nacional de Narrativa 2018 pola súa novela Los pacientes del doctor García, un relato sobre a Guerra Civil e o franquismo.
20/10/18
FRED VARGAS
A escritora francesa Fred Vargas é a sétima muller galardoada co Premio Princesa de Asturias das Letras.
19/10/18
OBRADOIRO DE DOBRAXE
O Departamento de Lingua Galega e a nosa biblioteca, A Esperela, levamos o alumnado a un obradoiro de dobraxe organizado pola Biblioteca da Casa da Cultura Pintor Lloréns de Sada. A rapazada saíu encantada!!
18/10/18
EROSKI PARAÍSO
Hoxe o Departamento de Lingua Galega levou o alumnado de 4º de ESO a ver a obra Eroski Paraíso, da compañía Chévere. Parece que o pasaron ben...
16/10/18
15/10/18
DÍA DAS ESCRITORAS
1. Mary Shelley
2. Yasmina Reza
3. Zadie Smith
4. Toni Morrison
5. Emily Dickinson
6. Wislawa Szymborska
7. Fred Vargas
8. Ana María Matute
06/10/18
MONTSERRAT CABALLÉ
Hoxe faleceu a soprano lírica Montserrat Caballé, unha das cantantes de ópera máis recoñecidas e admiradas do mundo.
04/10/18
01/10/18
COMEZAMOS COA HORA DE LER!!
O luns 1 de outubro comezamos a Hora de ler na Esperela. Lembrade as normas e apuntade o calendario na axenda!!
24/09/18
ABRIMOS A ESPERELA!!
A partir do 24 de setembro xa teredes os carnés listos e poderedes retirar da biblioteca todooooooos os libros que queirades. Adiante!!
22/09/18
JEAN LAPLACE
O pasado 10 de setembro faleceu Jean Laplace, seguro que coñecido por todos vós polos seus debuxos dos "oito erros", que publicaba nos xornais hai máis de corenta anos.
20/09/18
25/06/18
22/06/18
21/06/18
GRADUAD@S!!!
Chegou o día. Hoxe, os nosos quince magníficos, despedíronse do instituto. Non puideron facelo mellor: teatro, música, discursos e emoción, moita emoción. Deixan o listón moi alto... Boa sorte, rapazada, sodes ben riquiñ@s!!
Na radio, en Onda Cero, Pablo Díaz falou tamén da nosa graduación, escoitade o que conta AQUÍ (a partir do minuto 30:20).
A Esperela tiña un agasallo para este día, mirade qué bonito quedou!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)























