08/11/18

O PUÑO E A LETRA


Corenta poemas de Yolanda Castaño interpretados en viñetas por corenta dos nomes máis salientables da ilustración galega: David Rubín, Xulia Vicente, Manel Cráneo, Miguelanxo Prado, Cynthia Alonso, Xan López Domínguez, María Ferreiro, Kiko da Silva... 

05/11/18

NAS TICS MANDAS TI

Hoxe  desenvolveuse o obradoiro NAS TICS MANDAS TI, a cargo de persoal especializado e dirixido ao alumnado de 4º da ESO. O obradoiro aborda os tipos de violencia a través do uso das novas tecnoloxías e as habilidades do tratamento das mesmas: ciberbullyng, ciberviolencia de xénero, xesting...


Unha iniciativa da Deputación da Coruña e o Concello de Sada.

26/10/18

VOLVEN OS ATRAPASOÑOS!!


Hoxe comezamos coa primera sesión de Atrapasoños deste curso. Estaba convocado o alumnado de 3º e 4º de ESO e a asistencia superou as nosas expectativas. Houbo almorzo, agasallos e o máis importante, lectura. O texto escollido foi un relato de Sandra Cisneros titulado Once. Non puidemos empezar mellor! 
Tedes máis información no blog de Atrapasoños.

24/10/18

DÍA DA BIBLIOTECA ESCOLAR

Desde o 24 de outubro de 1997 celébrase o Día Internacional da Biblioteca, recordando así a destrución da biblioteca de Saraxevo, incendiada en 1992 durante a guerra dos Balcáns.
Nós celebramos este día na Esperela preparando o voluntariado de 4º de ESO. Non hai mellor maneira!!

23/10/18

19/10/18

OBRADOIRO DE DOBRAXE

O Departamento de Lingua Galega e a nosa biblioteca, A Esperela, levamos o alumnado a un obradoiro de dobraxe organizado pola Biblioteca da Casa da Cultura Pintor Lloréns de Sada. A rapazada saíu encantada!!

18/10/18

EROSKI PARAÍSO


Hoxe o Departamento de Lingua Galega levou o alumnado de 4º de ESO a ver a obra Eroski Paraíso, da compañía Chévere. Parece que o pasaron ben...

16/10/18

VOLUNTARIADO NA ESPERELA

Ao voluntariado na Esperela xa lle quedan poucos días para empezar a colaborar. Mentres organizamos o traballo, deixámosvos unhas fotos dos/as voluntarios/as do curso pasado recollendo os seus certificados. Que ben traballaron e que satisfacción para tod@s!!!




15/10/18

DÍA DAS ESCRITORAS


1. Mary Shelley
2. Yasmina Reza
3. Zadie Smith
4. Toni Morrison
5. Emily Dickinson
6. Wislawa Szymborska
7. Fred Vargas
8. Ana María Matute
9. Amélie Nothomb

06/10/18

01/10/18

24/09/18

ABRIMOS A ESPERELA!!


A partir do 24 de setembro xa teredes os carnés listos e poderedes retirar da biblioteca todooooooos os libros que queirades. Adiante!!

22/09/18

JEAN LAPLACE

O pasado 10 de setembro faleceu Jean Laplace,  seguro que coñecido por todos vós polos seus debuxos dos "oito erros", que publicaba nos xornais hai máis de corenta anos.

Resultado de imaxes para laplace los ocho errores