12/01/19

ATRAPASOÑOS NO 2019

Na primeira sesión de Atrapasoños de 2019 a nosa lectura foi o relato "Mans". A súa autora é a escritora arxentina Elsa Bornemann e forma parte do libro !Socorro!(Doce cuentos para caer de miedo). O certo é que medo pasamos...
Tedes máis información no blog de Atrapasoños!

21/12/18

PREMIOS ÁS AXENDAS ESCOLARES

Onte premiamos na Esperela o bo uso e aproveitamento das axendas escolares do noso IES. Foron uns recoñecementos emocionantes e moi divertidos! No segundo trimestre haberá máis!!

19/12/18

CONTACONTOS



Hoxe tivemos no instituto unha actividade para todos os grupos (coa colaboración dos departamentos de Lingua galega, Inglés e A Esperela) de contacontos en inglés e galego coas narradoras Patricia McGill e Charo Pita. Os contos falaban de bruxas, cabaleiros, o rei Artur... Moi divertido!!

14/12/18

11/12/18

08/12/18

JOHN LENNON


John Lennon, músico e compositor británico, foi asasinado na porta da súa casa de Nova York o 8 de decembro de 1980.

02/12/18

35 ANOS DE THRILLER



Thriller é un vídeo musical do artista Michael Jackson estreado o 2 de decembro de 1983. É considerado por moitos como o mellor vídeo da historia.