Hoxe celébrase o 176 aniversario do nacemento de Mark Twain, humorista e escritor de gran renome e popularidade dos Estados Unidos. Algunhas das súas obras máis coñecidas son As aventuras de Tom Sawyer (1876), Príncipe e esmoleiro (1882), As aventuras de Huckleberry Finn (1884) e Un ianqui na corte do Rei Arturo (1889).
"O banqueiro é un señor que nos presta o paraugas cando vai sol e nolo esixe cando empeza a chover".
"Para facer que alguén, sexa home ou mozo, desexe algunha cousa, só é necesario facela difícil de conseguir".
"É mellor ter a boca pechada e semellar parvo que abrila e aclarar a dúbida".