05/02/16

CHEGOU O ENTROIDO!!

Un ano máis, a festa grande chegou ao noso insti. Mirade, mirade que ben o pasamos...
ENTROIDO 2016 on PhotoPeach

Entroido 2016 on PhotoPeach

E grazas aos ex-alumnos por visitarnos. Que ilusión nos fai sempre!

04/02/16

CONMEMORACIÓN DO DÍA DA PAZ

Para conmemorar o Día da Paz e da Non Violencia, todos os grupos do IES subimos á Esperela para ler poesía, coñecer a historia de Sadako Sasaki e recordar a vida e morte de Gandhi.

DÍA DA PAZ on PhotoPeach


03/02/16

MÁIS APADRIÑAMENTOS LECTORES


O alumnado de cuarto volveu hoxe a Infantil, desta vez a catro anos, para contar contos aos máis pequenos. Unha experiencia moi enriquecedora para tod@s!

MÁIS CONTOS on PhotoPeach

30/01/16

DÍA DA PAZ EN DA NON VIOLENCIA

O 30 de xaneiro, no aniversario da morte de Gandhiconmemórase o Día da Paz e da non violencia
Na Esperela lembramos á nena Sadako Sasaki e ás mil grúas para a Paz e fixemos a nosa particular versión: o alumnado pregou máis de 200 grúas para colgar do teito da biblioteca. Este é o resultado...

Grazas ao alumnado de terceiro, que traballou na casa, e ao de cuarto, que capitaneado por Lucas, dedicou moitos recreos na Esperela.

25/01/16

VIRGINIA WOOLF


Un 25 de xaneiro de 1882, naceu a novelista, ensaísta, escritora de cartas, editora, feminista e contista británica, considerada unha das máis salientables figuras do Modernismo literario do século XX: Virginia Woolf.

20/01/16

APADRIÑAMENTOS LECTORES


Hoxe comezamos cos apadriñamentos lectores coa rapazada de Educación Infantil do CEIP Mosteirón. 
A actividade foi un éxito. Volveremos!! 

APADRIÑAMENTOS on PhotoPeach
LECTORES on PhotoPeach

19/01/16

UNA ESTRELLA DE CUYO NOMBRE YA PUEDO ACORDARME...


Cervantes xa da nome a unha estrela, e Quijote, Rocinante, Sancho e Dulcinea aos catro planetas que a orbitan.
A proposta cervantina resultou vencedora no Concurso NameExo Worlds da Unión Astronómica Internacional (IAU) no que se votaron propostas de todo o mundo para nomear vinte novos sistemas planetarios descubertos nos últimos anos.

15/01/16

11/01/16

DAVID BOWIE, UN HEROE DA MÚSICA



David Bowie, músico, compositor, actor, produtor discográfico e arreglista, morreu hoxe aos 69 anos. Figura fundamental na historia da música durante máis de cinco décadas, é considerado un icono estético e un innovador polo seu traballo, a súa voz peculiar e a profundidade da súa obra.

14/12/15

RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O NADAL

Xa sabedes, rapazada, ata o venres podedes retirar na Esperela libros ou películas para gozar nestas vacacións...


27/11/15

XOSÉ NEIRA VILAS


"Galicia é a nai e é a patria. O meu principio 
o meu fin. A miña razón de vivir. 
A nosa lingua é o meu orgullo".

O escritor Xosé Neira Vilas finou a pasada noite na súa casa de Gres, en Vila de Cruces. O narrador, ensaísta, xornalista e poeta tiña 87 anos e seguía en activo. A súa obra máis coñecida, Memorias dun neno labrego, leva vendidos uns 600.000 exemplares e vai pola súa 35 edición. O seu comezo pasará á historia: "Eu son Balbino. Un rapaz de aldea. Coma quen di, un ninguén. E ademais, pobre".

Que a terra lle sexa leve

25/11/15

CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA


814 mulleres asasinadas nos últimos doce anos. 48 mulleres asasinadas no que vai de 2015. 4000 chamadas cada mes ao 016, o teléfono de atención ás vítimas. 26 menores asasinad@s. 42 nen@s orf@s. 126742 denuncias en 2014.

24/11/15

JUAN GENOVÉS NO MAC


"Multitudes" é a exposición de 70 obras do artista Juan Genovés (Valencia, 1930) que estará hasta xaneiro no MAC (Museo de Arte Contemporáneo Gas Natural Fenosa). As obras xiran en torno a temática que da título á mostra e enmárcanse na liña no realismo social, cun estilo expresionista e provocador.

20/11/15

DÍA INTERNACIONAL DA INFANCIA

O Día Internacional da Infancia, que se celebra o 20 de novembro, é un día dedicado a todos os nenos e nenas do mundo.
É un día para chamar a atención sobre a situación dos nenos máis desfavorecidos, dar a coñecer os dereitos da infancia e concienciar as persoas da importacia de traballar día a día polo seu benestar e desenvolvemento.

13/11/15

04/11/15

PREMIO NACIONAL DAS LETRAS ESPAÑOLAS


Carme Riera (escritora en catalán e castelán, profesora, guionista e membro da RAE) foi galardoada este martes co Premio Nacional das Letras Españolas convocado polo Ministerio de Cultura.