14/11/16

OBRADOIRO NA ESPERELA


Que tarde tan divertida tivemos hoxe na Esperela. Veu Xosé Tomás a ofrecernos un Obradoiro de Ilustración e banda deseñada: as súas orixes, os seus códigos, as personaxes e o guión, alternando as explicacións coas prácticas, tanto de XTomás como do alumnado. Foi moi moi interesante!!
OBRADOIRO CON XOSÉ TOMÁS on PhotoPeach
Grazas por vir, Xosé Tomás!!

11/11/16

E ADEUS, LEONARD COHEN


Morreu tamén o poeta e cantautor canadiense Leonard Cohen. Figura imprescindible entre os artistas xurdidos nos anos 60, Cohen estivo en activo durante toda a súa vida, combinando música e poesía, pois a literatura foi a súa gran paixón. Deixa dez poemarios e dúas novelas.
En 2011 obtivo o Premio Príncipe de Asturias das Letras e foi candidato ao Nobel de Literatura en varias ocasións.
Que a súa música fale por el nesta interpretación do poema de Federico García Lorca:

ADEUS, FRANCISCO NIEVA

Onte morreu Francisco Nieva, dramaturgo, director de escena (ópera, zarzuela e ballet), narrador, ensaísta e debuxante. Tiña 92 anos e foi un neno precoz que xa na infancia escribía relatos e breves pezas teatrais. 
En 1990 ingresa na Real Academia Española, na letra J. A súa produción teatral levoulle a gañar dúas veces o Premio Nacional de Teatro e tamén o Premio Nacional de Literatura. No ano 1992 obtivo o Premio Príncipe de Asturias das Letras pola súa obra literaria en xeral.

08/11/16

XOSÉ TOMÁS NA ESPERELA

O vindeiro luns, 14 de novembro, o ilustrador e profesor Xosé Tomás impartirá na Esperela un Obradoiro de Ilustración para o alumnado de terceiro de ESO... Menuda sorte!!

05/11/16

PORTAS ABERTAS NOS MUSEOS CIENTÍFICOS


A entrada dos Museos Científicos Coruñeses será gratuíta desde o vindeiro luns 7 ata o domingo 13 co gallo da celebración da Semana da Ciencia
Aproveitade estes sete días para visitalos!!

01/11/16

MIGUEL HERNÁNDEZ

O poeta Miguel Hernández naceu en Orihuela un 30 de outubro de 1910 e morreu con tan só 31 anos nun cárcere franquista.


Tedes AQUÍ unha selección dos seus poemas.

28/10/16

FESTA NA ESPERELA!!

Hoxe na Esperela houbo de todo: Matilda, Rebeldes, Tom Sawyer, Bajo la misma estrella, Vampiros, Mujercitas, Cyrano de Bergerac, o Teatro, Harry Potter...

DÍA DA BIBLIOTECA on PhotoPeach

27/10/16

IMOS O TEATRO!

O alumnado de primeiro e segundo de ESO presenciou hoxe a obra teatral Kassa, da Compañía Elefante Elegante. Parece que lles gustou... estiveron moi atentos!!


21/10/16

17/10/16

DÍA DAS ESCRITORAS

Hoxe conmemórase o Día das Escritoras coa intención de facer visible e recuperar o traballo das mulleres na literatura e para loitar contra a discriminación sufrida ao longo da historia.

13/10/16

PREMIO NOBEL DE LITERATURA 2016


O músico Bob Dylan foi galardoado hoxe co Premio Nobel de Literatura 2016 "por crear unha nova expresión poética dentro da gran tradición americana da canción".  É recoñecido como "un gran poeta na tradición da lingua inglesa, moi orixinal, que segue actuando e reiventándose a si mesmo, creando unha nova identidade".

MORRE DARIO FO

Día triste para a cultura: morreu Dario Fo, dramaturgo, actor e activista social, gañador do Premio Nobel de Literatura no ano 1997.


11/10/16

LEMBRAMOS A AGUSTÍN

Neste mes de xullo, Agustín Fernández Pazo autor máis prolífico (máis de 50 títulos) e máis premiado das nosas letras, morría en Vigo aos 69 anos. Era tamén un referente cultural e humano que destacou polo seu compromiso coa lingua galega.
No ano 2008 visitou a Esperela, deixando unha pegada inesquecible. Hoxe nós queremos lembralo e amosar así a nosa gratitude.

05/10/16

DÍA MUNDIAL DOS DOCENTES

En 1994 a Unesco proclamou o Día Mundial dos Docentes. Neste día homenaxeamos aos docentes e o seu papel esencial nunha educación de calidade.

01/10/16

HORA DE LER

O próximo luns 3 de outubro comeza na Esperela a esperada "Hora de ler", na que todos os grupos pasaredes pola biblioteca como mínimo unha hora semanal. Preparade os vosos libros e gozade da lectura!


Lembrade tamén que xa podedes retirar exemplares de préstamo!

20/09/16

30/06/16