19/12/16
12/12/16
08/12/16
GEORGES MÉLIÈS
O 8 de decembro de 1861, nace Georges Méliès, ilusionista, director e produtor de cine francés.
Asiste á estrea das primeiras películas dos irmáns Lumière, inventores do cinematógrafo, e convencido das posibilidades de futuro do invento, merca unha cámara cinematográfica e constrúe uns estudos nos arredores de París, volcándose na dirección e produción de películas. Entre 1899 e 1912 realiza preto de catrocentos filmes.
Nos Xardíns de Méndez Núñez, na Coruña, podedes visitar de forma gratuíta a exposición "Empieza el espectáculo. Georges Méliès y el cine de 1900".
30/11/16
PREMIO CERVANTES 2016
Hoxe foi anunciado o nome do Premio Cervantes 2016: Eduardo Mendoza. Este premio, considerado o máis importante das letras hispanas, quere recoñecer que Mendoza "inaugurase unha nova etapa na narrativa española", devolvendo ao lector "o goce polo relato" cunha lingua literaria "chea de sutilezas e ironía".
Na Esperela podedes encontrar algúns dos seus libros!
28/11/16
25/11/16
23/11/16
O PAPAGAIO
Nace "O Papagaio", un xornal en papel orientado a lectores de Educación Primaria e Secundaria, escrito integramente en galego e a toda cor. Son doce páxinas con seccións dedicadas á ciencia, tecnoloxía, ecoloxía, historia, arte, cultura, integración ou banda deseñada.
Teredes dous números desta publicación todos os meses na Esperela!!
22/11/16
OBRADOIRO NA ESPERELA
Hoxe tivemos na Esperela un novo Obradoiro, nesta ocasión para segundo de ESO. Da man da poeta Dores Tembrás coñecimos o que hai de emoción no grafiti: reflexionamos sobre o que é a poesía, o valor das "pintadas" e buscamos a nosa palabra fundamental e toda a súa constelación. Foi moi interesante porque axudou a mirar con ollos diferentes, dentro e fóra de nós...
Moitas grazas, Dores!!
POESÍA E GRAFITI on PhotoPeach
Lembrade o que vos contou de Acción Poética...
20/11/16
DÍA INTERNACIONAL DA INFANCIA
O 20 de novembro celébrase o Día Universal da Infancia, adicado a todos os nenos e nenas do mundo.
14/11/16
OBRADOIRO NA ESPERELA
OBRADOIRO CON XOSÉ TOMÁS on PhotoPeach
Grazas por vir, Xosé Tomás!!
Grazas por vir, Xosé Tomás!!
11/11/16
E ADEUS, LEONARD COHEN
Morreu tamén o poeta e cantautor canadiense Leonard Cohen. Figura imprescindible entre os artistas xurdidos nos anos 60, Cohen estivo en activo durante toda a súa vida, combinando música e poesía, pois a literatura foi a súa gran paixón. Deixa dez poemarios e dúas novelas.
En 2011 obtivo o Premio Príncipe de Asturias das Letras e foi candidato ao Nobel de Literatura en varias ocasións.
ADEUS, FRANCISCO NIEVA
Onte morreu Francisco Nieva, dramaturgo, director de escena (ópera, zarzuela e ballet), narrador, ensaísta e debuxante. Tiña 92 anos e foi un neno precoz que xa na infancia escribía relatos e breves pezas teatrais.
En 1990 ingresa na Real Academia Española, na letra J. A súa produción teatral levoulle a gañar dúas veces o Premio Nacional de Teatro e tamén o Premio Nacional de Literatura. No ano 1992 obtivo o Premio Príncipe de Asturias das Letras pola súa obra literaria en xeral.
09/11/16
08/11/16
XOSÉ TOMÁS NA ESPERELA
O vindeiro luns, 14 de novembro, o ilustrador e profesor Xosé Tomás impartirá na Esperela un Obradoiro de Ilustración para o alumnado de terceiro de ESO... Menuda sorte!!
05/11/16
PORTAS ABERTAS NOS MUSEOS CIENTÍFICOS
A entrada dos Museos Científicos Coruñeses será gratuíta desde o vindeiro luns 7 ata o domingo 13 co gallo da celebración da Semana da Ciencia.
Aproveitade estes sete días para visitalos!!
01/11/16
MIGUEL HERNÁNDEZ
O poeta Miguel Hernández naceu en Orihuela un 30 de outubro de 1910 e morreu con tan só 31 anos nun cárcere franquista.
Tedes AQUÍ unha selección dos seus poemas.
28/10/16
FESTA NA ESPERELA!!
Hoxe na Esperela houbo de todo: Matilda, Rebeldes, Tom Sawyer, Bajo la misma estrella, Vampiros, Mujercitas, Cyrano de Bergerac, o Teatro, Harry Potter...
DÍA DA BIBLIOTECA on PhotoPeach
27/10/16
IMOS O TEATRO!
O alumnado de primeiro e segundo de ESO presenciou hoxe a obra teatral Kassa, da Compañía Elefante Elegante. Parece que lles gustou... estiveron moi atentos!!
24/10/16
21/10/16
NÚRIA ESPERT
Núria Espert recolleu hoxe o Premio Princesa de Asturias de las Artes e o seu discurso de agradecemento foi unha emocionante demostración do seu talento. Mirade que marabilla...
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)










