
10/11/17
09/11/17
ATRAPASOÑOS NA ESPERELA
Hoxe, nos Atrapasoños, limos un conto de Paul Jennings pertencente ao seu libro Que desfeita!
Ademais, Belén elaborou e entregou a cada participante un amuleto atrapasoños que nos identifica como grupo e nos une neste club.
ATRAPASOÑOS NA ESPERELA on PhotoPeach
08/11/17
PARABÉNS, LEDICIA COSTAS!!
A balada dos unicornios é a novela de Ledicia Costas que recibe o Premio Lazarillo, o premio máis antigo do Estado español adicado á literatura infantil e xuvenil (vén convocándose desde 1958).
No caso desta escritora galega, esta será a segunda vez que consiga o premio, logo de que a sua novela Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta fose tamén merecedora do galardón en 2015.
07/11/17
LEMBRANDO A LEONARD COHEN
Leonard Cohen, finado o 7 de novembro de 2016, foi un poeta, novelista e cantante canadense.
É coñecido especialmente pola última destas facetas, a de cantautor. As letras dos seus temas son moi emotivas e complexas e os seus temas recurrentes o amor e as relacións de parella.
01/11/17
31/10/17
SESIÓN DE ATRAPASOÑOS
Hoxe tivemos a sesión de Atrapasoños co alumnado de 3º e 4º con contos de medo propios do Samaín: O crepúsculo e as formigas, de X. L. Méndez Ferrín e A visita, de Xoan Casal.
ATRAPASOÑOS NA ESPERELA on PhotoPeach
30/10/17
27/10/17
26/10/17
PRIMEIRA SESIÓN DE ATRAPASOÑOS!!
Hoxe tivemos na Esperela a primeira xuntanza do club de lectura Atrapasoños. Os convocados eran os alumnos e alumnas de 1º e 2º e a primeira lectura un conto de Agustín Fernández Paz petencente ao seu libro Contos por palabras.
24/10/17
DÍA DA BIBLIOTECA ESCOLAR
Grazas, rapazada, por participar!
20/10/17
19/10/17
ATRAPASOÑOS, CLUB DE LECTURA
O club de lectura comeza a súa andaina na Esperela. Atrapasoños é un amuleto con características máxicas. A lenda di que os indíxenas americanos colgaban o atrapasoños no alto das súas casas para capturar o bo dos seus soños e desbotar o malo.
O noso club de lectura leva este nome porque nós seremos atrapasoños e a lectura a nosa arañeira: os libros serán o noso amuleto para ser más felices!
18/10/17
17/10/17
PREMIO NACIONAL DE LITERATURA
16/10/17
15/10/17
14/10/17
11/10/17
10/10/17
BICOS CON LINGUA
"Bicos con lingua é un espectáculo en clave de comedia no que a través de diversas situación cotiás invita a unha fonda reflexión sobre os usos e abusos da lingua galega.
Nace dun forte sentimento de amor cara algo tan propio como é a nosa lingua: a lingua galega. Non se trata en ningún momento dun exercicio de victimismo, nada máis lonxe da nosa intención, senón de afondar nun problema real e, certamente, preocupante. Así, pretendemos que esta montaxe supoña para o espectador unha experiencia de redescobremento dunha lingua que existe e que crece na súa inmensa riqueza, a pesares dos usos e abusos aos que está sometida de cotío".
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)














