Hoxe tivemos na Esperela, co alumnado de 4º de ESO, a poeta e editora Antía Otero. Durante dúas sesións impartiu un obradoiro no que, entre outras cousas, aprendemos a facer un videopoema sen cámaras. Grazas por vir, Antía!!
17/11/17
ANTÍA OTERO VISITA A ESPERELA
Hoxe tivemos na Esperela, co alumnado de 4º de ESO, a poeta e editora Antía Otero. Durante dúas sesións impartiu un obradoiro no que, entre outras cousas, aprendemos a facer un videopoema sen cámaras. Grazas por vir, Antía!!
E OUTRO OBRADOIRO CON ANTÍA OTERO
O alumnado de 2º de ESO tamén tivo hoxe un obradoiro con Antía Otero: "Versos en pegatina". Adicamos un tempo a pensar no sentido e forma das palabras para así ser capaces de crear un verso e compartilo cos demais. Desta maneira deseñamos a nosa pegatina persoal.
Grazas outra vez, Antía!
ANTÍA OTERO on PhotoPeach
16/11/17
ATRAPASOÑOS
O grupo dos pequenos Atrapasoños tivo hoxe outro encontro. A lectura foi do libro de Antonio García Teijeiro e Antonio Reigosa: Lendo lendas, digo versos.
15/11/17
O TOLLEITO DE INISHMAAN
"Podería ser unha aldea galega, pero é unha pequena illa irlandesa. Anos 30. Personaxes curiosas, pintorescas, características... Seres máis ou menos adorables, máis ou menos odiosos que, nun mundo física e humanamente illado, viven as súas vidas cativas como poden e como saben. Entre eles un tolleito, un ser desfavorecido que ten unha arela que para el semella extremadamente difícil: transcender ese ámbito pechado que está obrigado a habitar; un eivado que persegue un soño que nel parece empresa imposible: ser amado e valorado como calquer outro".
O noso alumnado de 3º e 4º desfrutou no Ágora desta obra, baseada nun texto de Martin McDonagh e dirixida por Cándido Pazó.
14/11/17
ROSA MONTERO, PREMIO NACIONAL DAS LETRAS
Rosa Montero (Madrid, 1951) é a quinta muller en acadar o Premio Nacional das Letras. Comezou a súa carreira hai 34 anos e foi "reporteira todoterreo", redactora xefa do dominical de El País, entrevistadora, articulista e autora de quince novelas con múltiples traducións e premios en distintos países.
13/11/17
10/11/17
09/11/17
ATRAPASOÑOS NA ESPERELA
Hoxe, nos Atrapasoños, limos un conto de Paul Jennings pertencente ao seu libro Que desfeita!
Ademais, Belén elaborou e entregou a cada participante un amuleto atrapasoños que nos identifica como grupo e nos une neste club.
ATRAPASOÑOS NA ESPERELA on PhotoPeach
08/11/17
PARABÉNS, LEDICIA COSTAS!!
A balada dos unicornios é a novela de Ledicia Costas que recibe o Premio Lazarillo, o premio máis antigo do Estado español adicado á literatura infantil e xuvenil (vén convocándose desde 1958).
No caso desta escritora galega, esta será a segunda vez que consiga o premio, logo de que a sua novela Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta fose tamén merecedora do galardón en 2015.
07/11/17
LEMBRANDO A LEONARD COHEN
Leonard Cohen, finado o 7 de novembro de 2016, foi un poeta, novelista e cantante canadense.
É coñecido especialmente pola última destas facetas, a de cantautor. As letras dos seus temas son moi emotivas e complexas e os seus temas recurrentes o amor e as relacións de parella.
01/11/17
31/10/17
SESIÓN DE ATRAPASOÑOS
Hoxe tivemos a sesión de Atrapasoños co alumnado de 3º e 4º con contos de medo propios do Samaín: O crepúsculo e as formigas, de X. L. Méndez Ferrín e A visita, de Xoan Casal.
ATRAPASOÑOS NA ESPERELA on PhotoPeach
30/10/17
27/10/17
26/10/17
PRIMEIRA SESIÓN DE ATRAPASOÑOS!!
Hoxe tivemos na Esperela a primeira xuntanza do club de lectura Atrapasoños. Os convocados eran os alumnos e alumnas de 1º e 2º e a primeira lectura un conto de Agustín Fernández Paz petencente ao seu libro Contos por palabras.
24/10/17
DÍA DA BIBLIOTECA ESCOLAR
Grazas, rapazada, por participar!
20/10/17
19/10/17
ATRAPASOÑOS, CLUB DE LECTURA
O club de lectura comeza a súa andaina na Esperela. Atrapasoños é un amuleto con características máxicas. A lenda di que os indíxenas americanos colgaban o atrapasoños no alto das súas casas para capturar o bo dos seus soños e desbotar o malo.
O noso club de lectura leva este nome porque nós seremos atrapasoños e a lectura a nosa arañeira: os libros serán o noso amuleto para ser más felices!
18/10/17
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
















