O alumnado de 3º de ESO recoméndanos para esta ponte a película "Wonder", baseada no libro de R. J. Palacio: Wonder. La lección de August.
06/12/17
05/12/17
02/12/17
01/12/17
O ALUMNADO VAI AO TEATRO!
"A Cabeza do Dragón” foi incluída polo autor, Ramón María del Valle-Inclán, nunha coleción de farsas que titulou, irónicamente, “Retábulo de marionetas para educación de príncipes”.
A historia conta, unha vez máis, a viaxe ao corazón do dragón que se narra en todas as culturas do mundo, e tamen na nosa, a cultura europea. Un príncipe, Verdemar, foxe do reino materno por ter desobedecido o rei, seu pai. No seu camiñar, cheo de experiencias, vai dar ao reino de Micomicón, que está a tremer baixo o alento fétido do Dragón. Como é costume, débenlle entregar a princesa Brancaflor ao monstro se queren salvar as vidas e as facendas do reino.
Mascarado para ocultar a súa identidade, Verdemar mata o Dragón coa espada máxica e desaparece. Un capitán de bandidos, Espandián, topa a cabeza do monstro, e con ela vai reclamar o premio: a man da princesa e a coroa do reino. Ela rexeita o impostor, e aquí é onde traballa o trasno, que leva toda a historia a coidar do príncipe en pago dunha antiga débeda: a liberdade.
Valle-Inclán introduce crítica social, brincadeiras políticas, a función liberadora da risa, a corrupción política, a violencia machista, a institución da monarquía, o medo a liberdade ou a banalización do amor romántico.
30/11/17
ATRAPASOÑOS
Outro xoves, outra reunión dos Atrapasoños. Desta vez falando do acoso e a violencia co relato de Carlos Mosteiro, SMS, do seu libro colectivo Historias para ler e mirar.
27/11/17
ACTOS CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA
A Esperela, xunto co departamento de Lingua Galega, preparou algunhas actividades da Semana contra a Violencia Machista, que tiveron lugar durante toda a semana pasada e seguirán ao longo desta.
As aulas e os espazos comúns enchéronse de imaxes desgarradoras: 52 esquelas de mulleres e nenos asasinados ao longo deste ano, siluetas no chan que representan os asasinatos, lemas contra o machismo no recibidor e en todas as portas das aulas, pegatinas e lazos para as camisetas, un acto de lectura de textos co alumnado de 3º e 4º... Todo sempre é pouco para intentar crear conciencia e corrixir actitudes.
Mi película from Inés de Nieves Lamas on Vimeo.
25/11/17
23/11/17
22/11/17
21/11/17
20/11/17
19/11/17
ANIVERSARIO DO VOTO FEMININO
Hai 83 anos, as mulleres españolas puideron votar por primeira vez nunhas eleccións xerais. Foi o 19 de novembro de 1993, durante a II República, cando 6.800.000 mulleres pudieron elixir, por primeira vez, os seus representantes.
17/11/17
ANTÍA OTERO VISITA A ESPERELA
Hoxe tivemos na Esperela, co alumnado de 4º de ESO, a poeta e editora Antía Otero. Durante dúas sesións impartiu un obradoiro no que, entre outras cousas, aprendemos a facer un videopoema sen cámaras. Grazas por vir, Antía!!
E OUTRO OBRADOIRO CON ANTÍA OTERO
O alumnado de 2º de ESO tamén tivo hoxe un obradoiro con Antía Otero: "Versos en pegatina". Adicamos un tempo a pensar no sentido e forma das palabras para así ser capaces de crear un verso e compartilo cos demais. Desta maneira deseñamos a nosa pegatina persoal.
Grazas outra vez, Antía!
ANTÍA OTERO on PhotoPeach
16/11/17
ATRAPASOÑOS
O grupo dos pequenos Atrapasoños tivo hoxe outro encontro. A lectura foi do libro de Antonio García Teijeiro e Antonio Reigosa: Lendo lendas, digo versos.
15/11/17
O TOLLEITO DE INISHMAAN
"Podería ser unha aldea galega, pero é unha pequena illa irlandesa. Anos 30. Personaxes curiosas, pintorescas, características... Seres máis ou menos adorables, máis ou menos odiosos que, nun mundo física e humanamente illado, viven as súas vidas cativas como poden e como saben. Entre eles un tolleito, un ser desfavorecido que ten unha arela que para el semella extremadamente difícil: transcender ese ámbito pechado que está obrigado a habitar; un eivado que persegue un soño que nel parece empresa imposible: ser amado e valorado como calquer outro".
O noso alumnado de 3º e 4º desfrutou no Ágora desta obra, baseada nun texto de Martin McDonagh e dirixida por Cándido Pazó.
14/11/17
ROSA MONTERO, PREMIO NACIONAL DAS LETRAS
Rosa Montero (Madrid, 1951) é a quinta muller en acadar o Premio Nacional das Letras. Comezou a súa carreira hai 34 anos e foi "reporteira todoterreo", redactora xefa do dominical de El País, entrevistadora, articulista e autora de quince novelas con múltiples traducións e premios en distintos países.
13/11/17
10/11/17
09/11/17
ATRAPASOÑOS NA ESPERELA
Hoxe, nos Atrapasoños, limos un conto de Paul Jennings pertencente ao seu libro Que desfeita!
Ademais, Belén elaborou e entregou a cada participante un amuleto atrapasoños que nos identifica como grupo e nos une neste club.
ATRAPASOÑOS NA ESPERELA on PhotoPeach
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)










