06/10/18

01/10/18

24/09/18

ABRIMOS A ESPERELA!!


A partir do 24 de setembro xa teredes os carnés listos e poderedes retirar da biblioteca todooooooos os libros que queirades. Adiante!!

22/09/18

JEAN LAPLACE

O pasado 10 de setembro faleceu Jean Laplace,  seguro que coñecido por todos vós polos seus debuxos dos "oito erros", que publicaba nos xornais hai máis de corenta anos.

Resultado de imaxes para laplace los ocho errores

21/06/18

GRADUAD@S!!!


Chegou o día. Hoxe, os nosos quince magníficos, despedíronse do instituto. Non puideron facelo mellor: teatro, música, discursos e emoción, moita emoción. Deixan o listón moi alto... Boa sorte, rapazada, sodes ben riquiñ@s!!

Na radio, en Onda Cero, Pablo Díaz falou tamén da nosa graduación, escoitade o que conta AQUÍ (a partir do minuto 30:20).

A Esperela tiña un agasallo para este día, mirade qué bonito quedou!!

11/06/18

ENCONTROS DE ORIENTACIÓN PROFESIONAL


Hoxe rematamos os Encontros de Orientación Profesional deste curso coa mellor compañía. Sabela e Laura compartiron con nós as súas dúbidas e tamén as súas certezas. Elas son un exemplo claro de que o saber sempre suma, sempre abre portas. 
As profesoras estamos moi emocionadas, aquelas nenas de hai uns anos non perderon a curiosidade nin o desexo de saber e de ensinar. Volven ao seu instituto con ilusión, coma quen volve a casa.

07/06/18

A ÚLTIMA DOS ATRAPASOÑOS


Hoxe tivemos a última sesión dos Atrapasoños deste curso. Reunimos os dous grupos, tomamos un almorzo e lemos entre todos uns microrrelatos. Que encontros tan agradables tivemos estes meses! Grazas a Belén por facelo posible!

04/06/18

ENCONTROS DE ORIENTACIÓN PROFESIONAL



A sesión de hoxe foi un auténtico pracer: os nosos profes, Clara e Javier, tiñan tanto que contar e ensinar, e tan interesante, que o tempo non chegou a nada... As bibliotecarias non podemos estar máis contentas e orgullosas!! Grazas outra vez!!!

AQUÍ tedes o canal de youtube de Javi.