14/12/18

11/12/18

08/12/18

JOHN LENNON


John Lennon, músico e compositor británico, foi asasinado na porta da súa casa de Nova York o 8 de decembro de 1980.

02/12/18

35 ANOS DE THRILLER



Thriller é un vídeo musical do artista Michael Jackson estreado o 2 de decembro de 1983. É considerado por moitos como o mellor vídeo da historia.

30/11/18

QUINTA SESIÓN DE ATRAPASOÑOS


Nesta quinta sesión, o Atrapasoños dos maiores volveu estar dedicado a falar da violencia machista, con textos de Carlos Negro e da súa obra Masculino singular
Tedes máis información no blog de Atrapasoños.

25/11/18

DÍA CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA


Para conmemorar o Día contra a Violencia Machista, A Esperela botou man do poemario de Carlos Negro Masculino Singular. Seleccionamos varios poemas visuais e fixemos a nosa representación nun recanto de reflexión.

24/11/18

OBRADOIRO DE XORNALISMO NA ESPERELA


O alumnado de 4º contou este venres cun profesor de excepción, o xornalista Pablo Díaz, que entre outras moitas cousas, contou como os medios ofrecen a información sobre violencia machista.
GRAZAS, PABLO!!

23/11/18

CUARTA SESIÓN DE ATRAPASOÑOS


Hoxe, as Atrapasoños pequenas falaron da violencia machista e leron uns versos de Carlos Negro pertencentes aos seus poemarios Penúltimas tendencias e Masculino singular.
Tedes máis información no blog de Atrapasoños.