25/01/19

ATRAPASOÑOS NA ESPERELA


Na sesión de hoxe dos Atrapasoños lemos un relato titulado "A mancha de humidade", da escritora uruguaia de orixe galega Juana de Ibarbouru.
Con este conto reflexionamos sobre os apegos e os soños perdidos.
Tedes máis información no blog dos Atrapasoños!

21/01/19

PURO TEATRO!!



Que ben o pasamos hoxe no Obradoiro de Teatro con Tone Martínez!! Resulta que somos uns artistas!!



20/01/19

HABLA LA PALABRA

Resultado de imaxes para habla la palabra

Neste libro faremos preguntas e intentaremos respondelas, preguntas sobre as palabras e os lugares onde se gardan: a escritura, os libros, as bibliotecas e a súa relación coas persoas.

18/01/19

OUTRA DE ATRAPASOÑOS

No Atrapasoños de hoxe, o texto escollido foi "Deixar a Matilde", do autor italiano Alberto Moravia. Un relato de amor e dúbidas...
Tedes máis información no Blog dos Atrapasoños!

17/01/19

OBRADOIRO DE TEATRO NA ESPERELA


Alba Bermúdez e Tone Martínez son dous licenciados en Arte Dramático, actores e profesores de teatro, que en 2013 crearon en Carballo a compañía teatral Galeteatro. Na actualidade está en cartel a súa obra "Muiñada".
Este luns 21 de xaneiro estarán na Esperela impartindo un Obradoiro de Teatro para 3º de ESO.

POPEYE O MARIÑO


Popeye O Mariño é un famoso personaxe de cómic e de curtametraxes creado por Elzie Crisler Segar. Apareceu por primeira vez no xornal o 17 de xaneiro de 1927.

16/01/19

RADIO NACIONAL


Hoxe A Esperela levou o noso alumnado de 4º de ESO a coñecer Radio Nacional. Pasámolo moi ben e tivemos tamén a oportunidade de "dar as noticias"...





15/01/19

MULLERES DE CIENCIA

MUJERES DE CIENCIA [CARTONE] | IGNOTOFSKY, RACHEL | Akira Comics  - libreria donde comprar comics, juegos y libros online

As contribucións de cincuenta mulleres aos campos da ciencia, a tecnoloxía, a enxeñaría e as matemáticas, dende o mundo antigo ata os nosos días.

12/01/19

ATRAPASOÑOS NO 2019

Na primeira sesión de Atrapasoños de 2019 a nosa lectura foi o relato "Mans". A súa autora é a escritora arxentina Elsa Bornemann e forma parte do libro !Socorro!(Doce cuentos para caer de miedo). O certo é que medo pasamos...
Tedes máis información no blog de Atrapasoños!

21/12/18

PREMIOS ÁS AXENDAS ESCOLARES

Onte premiamos na Esperela o bo uso e aproveitamento das axendas escolares do noso IES. Foron uns recoñecementos emocionantes e moi divertidos! No segundo trimestre haberá máis!!

19/12/18

CONTACONTOS



Hoxe tivemos no instituto unha actividade para todos os grupos (coa colaboración dos departamentos de Lingua galega, Inglés e A Esperela) de contacontos en inglés e galego coas narradoras Patricia McGill e Charo Pita. Os contos falaban de bruxas, cabaleiros, o rei Artur... Moi divertido!!