10/05/19
09/05/19
MARÍA CANOSA NA ESPERELA!
A escritora María Canosa visitou hoxe o noso instituto para falar do seu libro Muriel co alumnado de 1º ESO. Antes de marchar quixo coñecer A Esperela e asinar uns exemplares. Grazas, María!!
DÍA DE EUROPA

O Día de Europa celebra cada 9 de maio a paz e a unidade do continente. A data coincide co aniversario da histórica declaración de Schuman.
07/05/19
STRANGER THINGS
Para os fans de Stranger Things temos na Esperela a guía oficial da serie, Mundos del revés, con material inédito e exclusivo para entender e descubrir os seus segredos mediante mapas e entrevistas cos actores.
05/05/19
03/05/19
02/05/19
01/05/19
26/04/19
UNHA NOVA DE ATRAPASOÑOS!
Na sesión de hoxe, os Atrapasoños lemos un relato de intriga de Roald Dahl, Cordeiro asado.
Xa sabedes que na Esperela temos moitos libros deste autor, cal é o voso favorito?
Máis información no blog dos Atrapasoños!
25/04/19
TEMOS "MOITO CONTO"!!!
Para conmemorar a Semana do Libro, hoxe fixemos co alumnado de 3º ESO a nosa xa tradicional visita á libraría "Moito conto", onde escoitamos as libreiras e escollimos libros para A Esperela. Saímos ben cargados!
24/04/19
23/04/19
15/04/19
PREMIO DA CRÍTICA EN NARRATIVA

Antón Lopo obtivo a distinción pola novela Extraordinario, na que aborda as relacións interpersoais e a liberdade individual.
12/04/19
IMOS AO TEATRO!
Hoxe, o alumnado de 3º ESO desfrutou dunha sesión de contos de medo e misterio da man de Raquel Queizás no Fórum Metropolitano.
08/04/19
07/04/19
06/04/19
PREMIO DA CRÍTICA EN POESÍA
Con Tempo fósil, Pilar Pallarés (Culleredo, 1957), unha das poetas máis influentes de entre as promocións da década dos 80, adentrábase na memoria familiar e abrogaba as derregas entre o íntimo e o colectivo. A destrución da casa e a compaixón por todos os seres vivos, as cicatrices do eu e a rabia de raíz política comparecen nun volume que, para o xurado, amosa “unha escrita medida e esixente”.
Vía: Sermosgaliza.com
05/04/19
ATRAPASOÑOS NO TREN!
O alumnado de 3º ESO marcha a Madrid, pero non perde a súa sesión de Atrapasoños e fai no tren esta lectura tan axeitada de Rafael Dieste: "O vello que quería ver o tren".
04/04/19
MARGUERITTE DURAS
O 4 de abril de 1914 nace a novelista, guionista e directora de cine francesa Margueritte Duras.
03/04/19
APADRIÑAMENTO LECTOR

Hoxe aproveitamos para conmemorar o Día do Libro Infantil e Xuvenil cunha nova visita ao CEIP O Mosteirón, nesta ocasión para visitar o alumnado máis pequeniño do centro.
A experiencia, coma sempre, inesquecible! Grazas á titora por permitirnos desfrutar compartindo.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)


















