O 21 de marzo conmemorase o día internacional da poesía, para facernos eco desta data durante o tempo adicado a Hora de ler (Esta semana 6ª Hora), nas aulas leremos poemas escollidos polo profesorado e alumnado.
Para ir degustando, unha achega na voz de Mario Benedetti:
Podes escoitar a Uxío Novoneyra: Porta Xorda
Cito primeiro a un cineasta, Theo Angelopoulos, a quen roubo unhas palabras: "Os poemas son diálogos. Son rúas, son vieiros...que alguén atopa...no seu interior ou da con eles nalgún outro lugar como se tivesen sido escritos por el mesmo."
ResponderEliminarO sentir que non cabe en palabras outorga unha lucidez máis alá do sabido, e abre unha fenda que esixe no poeta o esforzo de dar novas formas ao dicir. Ao poeta lle debemos o prodixio de dar voz ao máis íntimo en nós; fale do que fale, é un modo de dicir que nos toca máis adentro, aló na víscera do sentido.
Igual que con algunhas cancións (dicía o poeta José Hierro que sen musicalidade non hai poesía), fas teus algúns versos cando sintes que levan algo de ti. Todos temos algún poema esperándonos, no noso interior ou escrito por ahí. Teño a certeza de que quen di non gostar da poesía...é porque aínda non deu co seu. Mais chegará. Sempre chega.
Veño compartir uns versos que ficaron presos na miña memoria desde a primeira lectura. Son de Jorge Manrique:
Los fuegos qu'en mí encendieron
los mis amores passados,
nunca matallos pudieron
las lágrimas que salleron
de los mis ojos cuytados;
pues no por poco llorar,
que mis llantos muchos fueron,
mas no se pueden matar
los fuegos de bien amar
si de verdad se prendieron.
Guay de ojos que tal leyeron! (podes miralo completo neste enlace: http://jorgemanrique.alinome.net/poemas/losfuego.php
Compartiría o Hiperión, de Hölderlin...pero ese ten que ir enteiro. Eu din con el nunha película que tamén propoño: Los paraísos perdidos, de Basilio Martín Patiño (Charo López interpreta a unha traductora que vai dicindo parte do texto, ao fío do que lle está a acontecer). Unha ledicia.
Dime Elisa (si, a profe) que a ver se compartides algún verso vós...so cutres!!!
Hai xa moitos anos que afastei a escritura de poesía das miñas rutinas diarias e non para converterme así nun home mellor. Andiven rebuscando polos caixóns e atopei varios desbarre-poemas de non hai tantos anos, que conforman o último esforzo mental que realizou o meu cerebro a ese nivel. Escollo un deles e déixovolo aquí como resposta à petición da querida amiga Elisa, a quen nun primeiro momento desexei que ardese nos infernos por meterme neste berenxenal, mais o enorme cariño e respeto que teño por ela e o seu mozo conseguiron conter as miñas ansias e facer que finalmente teclease letras neste blog.
ResponderEliminarDéixovos pois o poema que non leva título e simplemente tiña numerado como V. Despídome cunha grande aperta para todo o personal responsábel e visitante deste blog:
"A meta dun gran home debe ser grande
como grande debe ser o desexo
e grande os obstáculos que se atope
nunha longa e difícil viaxe que
no seu decorrer amose a enorme calidade
deste insigne e sinalado viandante.
E como non gosto de ser pequeno
triturarei o meu maxín na percura
de algo importante, especial, magnífico.
E coñecedor das dificultades,
actuarei de xeito implacábel,
como única opción para salvar a escuridade
que, sen dúbida, acochada na súa negrura,
agarda alerta o mínimo síntoma,
o ínfimo lapso de relaxación,
para cubrir co seu fatal manto
a luz que ilumina os meus ollos,
co único obxectivo que impedir
a miña maxestuosa aparición
nos lindes da vindeira lembranza.
E xa que son consciente de todo
e de cada unha das súas partes,
provoco pois unha nova acción,
procedendo a beber o definitivo
septuaxésimo vaso de viño, para que
a miña testa rebote con forza na mesa
e silua a súa palidez no vermello do sangue,
deixándome embriagado pola felicidade
ao decatarme, co máximo orgullo, que
por fin acadei a excelsa meta
e xa formo parte da lexendária memória futura.
Mil millóns de grazas, Miki, polo inestimábel agasallo e as túas amábeis palabras (si que notei certo cheiro a xofre hoxe, pero foi tímido o diaño...)
ResponderEliminarPara os despistados, este "jubilado" poeta formou parte do outrora glorioso colectivo Ronseltz (sei que algún de vós coñece o libro "Unicornio de cenorias que cabalgas os sábados").
Voz e alma de blues, podedes escoitalo nas rúas e locáis da Coruña interpretando co seu grupo: Miki Nervio & The Bluesmakers. (teñen páxina en Facebook)