Presentamos un novo concurso para que participedes e atopedes solucións os "enredos" que achega o Departamento de Matemáticas. Moito ánimo e poñede a traballar os miolos.
“ENREDOS MATEMÁTICOS”
Dende o 21 de marzo ó 8 de abril 2011
BASES:
1.- Semanalmente publicaremos no taboleiro do recibidor do Instituto un “enredo matemático” para que atopes a solución. Podes recoller os enredos na biblioteca. Tamén no blogue: www.biblioaesperela.blogspot.com
Disporás dende o luns ata o venres de cada semana.
2.- Podes participar individualmente ou en parella (Non vale formar parte de mais dunha parella)
3.- Establécense 3 categorías:
- 1º e 2º ESO
- 3º e 4º ESO
- Bacharelato.
4.- As respostas tes que entregalas na biblioteca antes do remate do segundo recreo dos venres , empregando a ficha que poderás obter alí. A ficha debidamente cuberta tes que metela nun sobre e logo na caixa disposta a tal fin. O profesorado de garda poderá indicarche.
5- O departamento de matemáticas encargase de publicar as respostas correctas e corrixir as dos participantes valorando a explicación dada e a aplicación de formulas ou razoamento matemático empregado.
5.- Decláranse gañadores, en cada categoría, o participante ou parella participante que logre mais respostas acertadas durante o tempo que dura o concurso. As decisións do xurado son inapelables.
6.- A entrega de premios farase na Biblioteca o xoves 14 de abril ás 12:10. Todos os concursantes teñen a obriga de estar presentes neste acto final.
7.- A participación no concurso implica a aceptación destas bases.
Ningún comentario:
Publicar un comentario