Hoxe é o aniversario do nacemento do escritor Miguel Delibes Setién (Valladolid, 17 de outubro de 1920-12 de marzo 2010), unha das grandes figuras da literatura española posterior á Guerra Civil. Levou infinidade de premios e recoñecementos e moitas das súas obras adaptáronse ao teatro e ao cine. Algúns dos seus títulos máis coñecidos son: El camino (1950), Mi idolatrado hijo Sisí (1953), La hoja roja (1959), Las ratas (1962), Cinco horas con Mario (1966) ou El príncipe destronado (1973). Ésta última é lectura obrigatoria en 3º de ESO no 1º trimestre.
Aquí tedes un fragmento da versión cinematográfica de El camino, dirixida por Ana Mariscal.
Ningún comentario:
Publicar un comentario