14/10/11

RECOMENDACIÓNS SEMANAIS

Seguindo a idea do Lecturo Literaturo (CPI Progreso de Catoira), iniciamos o noso particular Fotolibro con recomendacións semanais de lectura.
Todos os venres, algún membro da comunidade escolar fará unha recomendación literaria.
                               Presume de ler e déixate ver!

María Vázquez Martínez, 4º ESO 

Aya de Yopougon, Marguerite Abouet e Clément Oubrerie

Poderíase dicir que de todos os libros que lin nos últimos anos, cada un dos cómics de Aya de Yopougon son os meus preferidos. Estes cómics, ademáis de ter unhas fermosísimas ilustracións, fannos saír un pouco do concepto que temos da vida en África, e ver que hai algo máis que pobreza, guerras e fame. Amósannos que a vida é vida en calquera rincón do planeta, e que pese ás condicións, todos somos persoas e padecemos practicamente as mesmas historias e problemas. Resultan moi amenos, rápidos de ler e entretidos; eu linos varias veces e non me cansan. 
Son uns libros que recomendaría a todo o mundo, especialmente a quen lle gusten os cómics e as complicadas historias cotiás, nas que interveñen moitos personaxes e nas que todo está relacionado.

5 comentarios:

  1. Anónimo12:05 a.m.

    Lin algún comic de Aya de Yopougon y pareceme que esta rapaza describeos como son, moi entretidos e con boas ilustracións.
    Están moi ben, leedeos, valen a pena.
    Un biquiño, este blog esta moi traballado, notase!

    ResponderEliminar
  2. Si, son moi recomendables.
    Grazas por visitar o noso blog e polos ánimos :)

    ResponderEliminar
  3. Anónimo9:02 p.m.

    Gustoume moito a reflexión de María sobre os comics de Aya de Yopougon . As cousas que adoitan a emocionarnos máis son as cousas da vida,que teñen valor universal, tanto ten que sucedan en Africa ou en Galiza. Que llo pregunten a Castelao!

    ResponderEliminar
  4. A Esperela9:24 p.m.

    Tes toda a razón, Anónimo!

    ResponderEliminar
  5. Grazas, María, por inaugurar o noso fotolibro! :))

    ResponderEliminar