Para conmemorar o nacemento de Afonso X no día de hoxe de 1221 e grazas aos Departamentos de Música e Lingua Castelá (coa colaboración da ANPA), hoxe tivemos no noso instituto o famoso Crispín D´Olot, un trobador e xograr que interpreta, declama e canta, acompañado de instrumentos musicais tradicionais, dando vida a unha coidada escolma de poesías e textos cultos e populares de forma nova, pracenteira e didáctica.
Crispín D´Olot trouxo o seu orixinal espectáculo Versos y Bardos: un viaje a través de la literatura en lengua castellana, no que fai de lazarillo para guiar o espectador dende as orixes das literaturas románicas.
Crispín D´Olot trouxo o seu orixinal espectáculo Versos y Bardos: un viaje a través de la literatura en lengua castellana, no que fai de lazarillo para guiar o espectador dende as orixes das literaturas románicas.
Este xograr do século XXI fíxose popular pola súa participación en feiras, concellos, institutos e programas de televisión, o máis recente Tú sí que vales.
Tivemos dúas representacións, unha para 1º ciclo e outra para 4º de ESO e 2º de Bacharelato.
Pois qué chulada! Gustaríame ter estado!
ResponderEliminarFoi moi instrutivo e divertido, Anónimo ;)
ResponderEliminarGustoume moito , e puiden aprender algo de este escritor con unha personalidad tan caracteristica
ResponderEliminarAlegrámonos, Daniel, pero que eu saiba escritor non é...
ResponderEliminarfoi moi divertido . pareceume que a sua fala medieval era moi particular . gustoume moito
ResponderEliminarAlegrámonos, jana!
ResponderEliminar"Cuando una mujer dice NO en realidad quiere decir que SÍ" Esta foi unha frases polémica que percorreu o IES tras a actuación de Crispín
ResponderEliminarD´Olot.
Non pretendo polemizar sobre este temas, simplemente quero deixar unha pegada que simbolice a miña disconformidade en certos aspectos da actuación. Como muller, páreceme que algúns comentarios do trobador estiveron de máis. Calquera tipo de cuestíon relacionada co tratamento da muller na sociedade débese considerar con moita sutileza xa que a violencia de xénero está á orde do día. Os rapaces captan este tipo de frases ( a que escribín anteriormente e algunha máis) coma algo gracioso pero sen decatarse están a introducir na súa mente unha información subliminal que dentro duns anos pode convertirse en agresividade,machismo...
Con todo, a actuación pareceume realmente boa pero quedoume unha pequeniña espiña cravada... A literatura que damos os de segundo de Bacharelato onde quedou? Gústariame escoitar algúns versos de Bécquer recitados por Crispín D´Olot..
Grazas, Tamara, pola túa interesante aportación.
ResponderEliminarA min gustoume moito
ResponderEliminarAlegrámonos, Anónimo!
Eliminar