03/03/12

GRAZAS, FERNANDO MARÍAS!

Organizado polo Departamento de Lingua castelá e Literatura, onte contamos na Esperela coa visita do escritor, editor e guionista Fernando Marías. O alumnado de 4º de ESO e de 1º de Bacharelato lera dous dos seus libros: Zara y el librero de Bagdag e El silencio se mueve e tiña moito interese en coñecelo e en facerlle algunhas  preguntas.
O autor falou con alumnado e profesorado da morte, da guerra, do medo e sobre todo do amor, que pode derrotar todo o anterior.


A visita resultou un éxito e todos quedamos con ganas 
de probar a súa tortilla...

4 comentarios:

  1. A verdade é que Fernando Marías engaiolou coa súa charla. Que ameno e interesante todo o que dicía, que bonita historia de amor , que dramático o que contou sobre o exilio e... que rica si, debe estar esa tortilla!

    ResponderEliminar
  2. Belén, xa se nota que estabas encantada, tes o sorriso posto en todas as fotos...
    O que contou do exilio e a guerra foi terrible, pero creo que o alumndo estaba máis atento cando falou de amor...

    ResponderEliminar
  3. sinceramente gustoume máis F.M. que Hector Carré non sei pareciame que intentaba achegarse máis a nós.

    ResponderEliminar
  4. Bueno, Sergio, cada un é cada un...
    Grazas polo teu comentario

    ResponderEliminar