O mércores pasado cumpríronse 70 anos da morte do poeta Miguel Hernández no cárcere alacantino cando só tiña 31 anos.
O poeta nacera en Orihuela no 1910, fillo de campesiños e que tivo, entre outros oficios, o de pastor de cabras.
Axudado polo seu amigo Ramón Sijé, iniciouse na poesía dende os vinte anos, cando publicou o seu primeiro libro, Perito en lunas e posteriormente os sonetos agrupados en El rayo que no cesa, que marcou a experiencia amorosa do poeta.
Durante a guerra civil militou moi activamente no bando republicano, foi encarcerado e condenado a morte.
Nesta versión, musicada por Joan Manuel Serrat, escoitaredes o seu poema
"Para la libertad".
Ningún comentario:
Publicar un comentario