Na Esperela estamos a celebrar a semana da poesía coas seguintes actividades:
Nas aulas, durante a hora de ler (4ª hora) lemos poemas en distintas linguas.
O mércores 21 ás 10:10 faremos un recital poético na biblioteca no que alumnado e profesorado recitará poemas de Celso Emilio Ferreiro.
"Colle un libro e leva un poema": cando retires un libro da biblioteca recibirás como agasallo un poema de Celso Emilio Ferreiro.
Os alumnos de Bach. non lemos poema ningún...
ResponderEliminarQue sorte ten o alumnado da ESO; antes "a hora de ler" non existía para nós.
Todiña a razón, Tamara...
ResponderEliminarVós non pillastes a hora de ler, pero se queres escoitar poemas de Celso Emilio Ferreiro vai mañá á biblio ás 10.10 e alí un compañeiro da túa clase vai recitar...
OOOHHH! Poesía... Lástima que sexa tan complicado
ResponderEliminardistinguir entre rima asonante e cosonante! Non si Inés?
Por certo, o meu ben querido Bécquer mandoume un Tweett o outro día cando publiquei una foto dun poema seu! Non sabía que no máis aló había conexión á Internet...
Pabliño, nunca é tarde para aprender as rimas...
ResponderEliminarMira Bécquer como anda polas redes...
Grazas, Pablo, por estar atento ás nosas novidades!
Por certo, xa saíu o de Luísa Villalta...
É moi bonito o marcapáxinas e unha boa idea facer outros semellantes para termos na biblio e agasallar os lectores.
ResponderEliminarSi, é unha idea, pero xa falaremos...
Eliminar