Martín Varela Dourado naceu en Corme (A Coruña) no ano 1978 e practica o tenis en cadeira de rodas. Ten unha discapacidade física por un accidente de circulación que sufriu en 1998 e, despois dunha longa recuperación física e mental, empezou a practicar deporte baixo as directrices do seu irmán Esteban (licenciado no INEF). No 2003 comezou a practicar o tenis en cadeira de rodas na Escola de Tenis Marineda. Desde entón compite en torneos nacionais e internacionais, nos que xa conseguiu moi bos resultados.
Nas próximas tempadas seguirá competindo para subir no ranking internacional até conseguir a clasificación para poder participar na Paraolimpiada que se celebrará en Londres en 2012.
Moi pronto estará de visita no noso instituto!
Todo un exemplo de superación, coraxe, forza, ilusión, traballo, constancia, entrega... E bo humor! Admiración absoluta por Martín e respeto máximo por demostrarnos a todos como hai que facer as cousas. :-)) unha sorte que vaia compartir cos rapaces unha xornada de charlas. Será productiva, seguro! E divertida, moi divertida! Xa contaredes.
ResponderEliminarSi, Sabela, Martín é un campión de verdade.
ResponderEliminarTemos sorte no instituto, seguro que aprendemos moito con el!
Grazas por visitarnos :)
Será de grande interese contar con Martín aquí . Seguro que aprendemos moito .
ResponderEliminarEstamos desexando, Belén :)
Eliminar