Desde hai algúns anos, a IASL vén instando á celebración do "mes da biblioteca escolar" co fin de difundir as posibilidades deste
tipo de bibliotecas e a súa potencialidade como factor de calidade do
ensino nos centros. Desde os inicios, a Asesoría de bibliotecas escolares apoiou esta iniciativa internacional cunha chamada á realización de actividades que servisen para facer visible a biblioteca nos centros. O lema deste ano é A biblioteca escolar, unha chave para o pasado, o presente e o futuro.
Desde 2008, a Consellería de Educación vén editando, a comezos de cada
curso escolar, un cartel para difundir o modelo de biblioteca escolar
polo que se está a traballar, uníndose desta forma á celebración do Día da biblioteca (24 de outubro), no
convencemento de que, aínda sendo unha biblioteca específica (cunha
misión clara dentro do centro educativo, e uns servizos e actividades
acordes á súa definición como "centro de recursos de lectura, información e aprendizaxe"),
non deixa de ser unha BIBLIOTECA; máis aínda, é a ÚNICA biblioteca pola
que pasa toda a poboación en idade escolar dun país: todos os nenos e
todos os mozos teñen no seu centro unha biblioteca
escolar.
Achégate a Esperela o Día da biblioteca escolar e recibirás unha sorpresa.
A biblioteca facémola entre todos/as
Ningún comentario:
Publicar un comentario