Falece Jorge Peteiro, un dos pintores galegos de referencia.
O artista coruñés morreu onte na súa casa estudo de Sada. A súa peculiar obra é recoñecida en todo o mundo:
«Si de algo estou orgulloso é de que o meu estilo sexa recoñecido»
Nacido na Coruña fai 53 anos, Jorge Peteiro iniciara a súa carreira artística nos anos setenta. Entre
1973 e 1977 participou activamente en grupos de teatro independente, na
creación dun dos primeiros fanzines da cidade e pintou os seus primeiros
murales. No 77 trasládase a Santiago para estudar Psicoloxía e
Empresariais e entra en contacto con grupos de clara tendencia
contracultural. Foi unha época de longas viaxes por museos e cidades de
Italia, Francia e España, ata radicar en 1979 na Escola de Belas Artes
de San Carlos, Valencia, na que obtivo a licenciatura.
Peteiro é o autor do peixe serra da Casa dos Peixes, Acuario da Coruña
|
«A xente está cansada de ver sempre máis do mesmo e isto é unha linguaxe
persoal que a xente agradece, igual que a cor ou as composicións que
realizo». «A miña pintura é amable para o público, pero non para os
críticos ou os galeristas. É alegre, si, divertida, atractiva. A miña
pintura quere potenciar a vida, pero a vida boa, a do xogo e a alegría, a
vida de verdade. E para iso non ten por que haber límites para unha
persoa normal».
Desde A Esperela queremos expresar o noso sentir pola gran perdida que significa para a arte. Un exemplo de coherencia e saber transmitir as emocións.
Para mais información: PETEIRO El Correo Gallego La Voz de Galicia La Opinión
Ningún comentario:
Publicar un comentario