BASES DO CONCURSO
FOTOLIBRO
II EDICIÓN
Todos leemos. Alejandro Ennes |
Segunda. As fotos deberán levar
un título e o nome d@ autor@. Cada un
participará cun máximo de tres fotos en formato jpg..
Terceira. Poderá
participar calquera membro da comunidade educativa do IES O Mosteirón
(alumnado, profesorado, persoal do centro.pais e nais) O prazo de presentación ábrese o día 1de abril
e rematará o 18 de abril de 2013.
Cuarta. As fotografías,
co seu título e nome do autor/a, enviaranse por correo electrónico ao seguinte
enderezo: aesperela@gmail.com ou entregaranse na biblioteca nun sobre co nome
do autor e o título da fotografía por fora.
Quinta. Os
traballos serán expostos, segundo se vaian presentando, en lugares
visibles e accesibles do centro.
- Do 8 de abril o 19 de abril todos os membros da comunidade educativa poderán emitir o seu voto empregando as papeletas preparadas a tal efecto na exposición de fotos (recibidor do Instituto)
- Pódense escoller tres fotos, unha por cada categoría.
- A papeleta entregarase na biblioteca durante os recreos. Emitirase un voto por persoa, previa identificación no momento de entregar a papeleta.
- Correspóndelle A Esperela a proclamación das fotos gañadoras: unha para o primeiro ciclo, outra para o segundo ciclo e outra para adultos.
Sétima. O anuncio
das fotos gañadoras do concurso farase o día 23 de abril. Terá lugar
na BIBLIOTECA A ESPERELA, no segundo recreo.
Oitava. Os gañadores
recibirán un premio sorpresa e un diploma acreditativo.
Novena. A biblioteca
resérvase o dereito a usar as fotos participantes no concurso.
Décima. A participación
no certame implica a aceptación destas bases.
Animádevos a participar. Seguro que nesta convocatoria preséntanse mais
fotografías que na do ano pasado.
Ningún comentario:
Publicar un comentario