A UNESCO proclamou o 23 de abril Día Mundial do Libro por coincidir nesta
data acontecementos literarios importantes a nivel interncional, o
falecemento de Cervantes e Shakespeare entre outros.
«O
libro, en cada unha das súas formas, é un instrumento precioso que
contribúe á educación e a difundir a cultura e a información. A
diversidad de libros e de contidos é unha fonte de enriquecimiento que
debemos facer efectiva mediante políticas públicas adaptadas, loitando
contra a uniformización cultural.»
Mensaxe da Sra. Irina Bokova, Directora Xeral da UNESCO,con motivo do Día Mundial do Libro e do Dereito de Autor, 23 de abril de 2013.Un video para ilustrar a mensaxe anterior
A mellor homenaxe que podemos facerlle ao libro é, sen dúbida, perdernos entre as súas páxinas,
regalarnos un tempo de lectura e compartir con outros o lido.
Coma en anos anteriores, contamos cun texto orixinal co que PAULA CARBALLEIRA (narradora oral, escritora, actriz, directora de teatro),
agasalla ás Bibliotecas Escolares de Galicia. Paula escribiu un texto
no que destaca as potencialidades do libro para atraer aos lectores máis
novos, mesmo a aqueles que (en principio) ofrecen máis resistencias. Aquí tendes un fragmento
Só un libro
Non sei que facer.
Miña irmá regaloume un libro.
Un libro.
Entre todos os agasallos que puido escoller, escolleu este.
Un libro.
Por que?
Que lle fixen eu?
Míroo e remíroo.
Sacúdoo, a ver se ten algo entre as follas, ademais de letras e debuxos.
Nada.
É só un libro.
Paréceme inútil, aí quieto, sen moverse.
Éntranme ganas de rompelo, de escachalo, de queimalo, de estragalo...
Non sei que facer.
Miña irmá regaloume un libro.
Un libro.
Entre todos os agasallos que puido escoller, escolleu este.
Un libro.
Por que?
Que lle fixen eu?
Míroo e remíroo.
Sacúdoo, a ver se ten algo entre as follas, ademais de letras e debuxos.
Nada.
É só un libro.
Paréceme inútil, aí quieto, sen moverse.
Éntranme ganas de rompelo, de escachalo, de queimalo, de estragalo...
Pódese descargar AQUÍ
Para conmemorar a data durante o segundo recreo entregaremos os premios do Concurso Fotolibro.
Non faltedes, haberá unha sorpresa para os asistentes.
Feliz día do libro.
Grazas
Grazas
Ningún comentario:
Publicar un comentario