Con
motivo da conmemoración, hoxe Mércores 2 de Outubro, do DÍA INTERNACIONAL DA NONVIOLENCIA,
proclamado por Nacións Unidas no
aniversario do nacemento de Mahatma Gandhi, queremos compartir con vós un poema
A ILLA EN REBELIÓN
Soño
cun mundo no que o ser humano
xa non desprece ao ser humano
onde reine o amor na terra
onde adorne a paz os camiños.
Soño cun mundo no que todos
se deixen ir polas sendas doces da liberdade,
onde a cobiza non ensombreza os nosos días.
Soño cun mundo no que brancos e negros
sexa cal sexa a vosa raza,
compartan os dons da terra,
onde todo ser humano sexa libre,
onde a miseria vergoñenta agachará a cabeza,
e a ledicia como unha perola preciosa,
colmará os anhelos da humanidade.
Velaquí o mundo co que soño.
Ningún comentario:
Publicar un comentario