RESPOSTAS
1º
e 2º ESO
PREGUNTA: Cal é a orixe da palabra ROBOT?
A
palabra ROBOT foi
creada en 1920 polo escritor checo Karel
Capek na súa obra de
teatro Los robots
universales de Rossum
para dar nome a un androide construído por un sabio, capaz de levar
a cabo todos os traballos normalmente executados polo home.
Gran
Enciclolpedia Larousse, Tomo 20, página 9.499
Gran Enciclopedia
Planeta, Tomo 17, página 8.432
3º
e 4º ESO
PREGUNTA: Pódese
ferver auga nun recipiente de papel?
RESPOSTA
Aínda que
pareza incrible pódese,
sempre que sexa capaz de soster o peso da auga. Toda a
calor que recibe o papel transmítese rapidamente á auga. Mentres
quede unha gota de auga, o papel non se queimará.
A auga
ferve, a presión normal (1 atm), a 100ºC. A esa temperatura o papel
non arde xa que necesita unha temperatura superior; en concreto, a
temperatura de combustión do papel é de 232,7ºC.
A
temperatura de combustión do papel en grados Fahrenheit é de 451ºF,
título dunha novela publicada en 1953 polo escritor estadounidense
Ray Bradbury
Bradbury
R. Fahrenheit 451, página 7
SEGUIMOS, novas preguntas para esta semana:
1º
e 2º ESO
PREGUNTA
Nas
saídas ao campo, todo bo excursionista ten que contar con recursos
para emerxencias, ou tomar decisións importantes.
Existe
un xeito de calcular canto tempo falta para que o Sol se poña
utilizando unha parte do corpo. É un método que todo participante
nas carreiras de orientación coñece.
Cal
é este método?
3º
e 4º ESO
Tema:
O código binario e os ordenadores.
Introdución
Na maioría das culturas
actuais se utiliza o sistema de numeración decimal para realizar
cálculos consistente en utilizar 10 símbolos procedentes do sistema
de numeración árabe. Porén os ordenadores utilizan outros sistemas
de numeráción para facer os seus cálculos: o código binario e o
sistema hexadecimal. O primeiro deles é o maís sinxelo e está
formado só por dous símbolos.
PREGUNTA:
Cal
é a razón técnica pola que os ordenadores utilizan o código
binario para realizar os seus cálculos?
Moito ánimo nas pescudas...é imprescindible citar a fonte bibliográfica correctamente.
Ningún comentario:
Publicar un comentario