A culler que se derrite
Outro dos GIFs de ciencia máis asombrosos é o seguinte, no que vemos
unha culler metálica que, literalmente, se derrite nun vaso de auga.
Incrible, verdade? Por que ocorre?
Para entender o proceso, primeiro debemos analizar o material do que
está feito a culler: galio. O galio é un
elemento químico cuxo punto de fusión é de só 28,56ºC. Deste xeito,
aínda que a culler en principio parece de aceiro, non o é, e esta
peculiaridade fai que se "derrita" nun vaso de auga templada.
Ningún comentario:
Publicar un comentario