06/02/14

VI CERTAME AMOR? AMOR! EN 100 PALABRAS

BASES DO VI CERTAME AMOR? AMOR!... EN 100 PALABRAS

Primeira. Os participantes presentarán creacións literarias orixinais e inéditas  e non premiadas noutros certames  no xénero literario que desexen, ben en prosa, en verso ou en ambas as modalidades. A temática será o amor, en calquera das súas manifestacións: amor, desamor…
 
Segunda. As obras deberán ter unha extensión máxima de 100 palabras e levarán título. Estarán redactadas en lingua galega e poden estar escritas á man ou a ordenador.

Terceira. Poderá participar calquera membro da comunidade educativa do IES O Mosteirón (Sada). O prazo de presentación abrirase o día 7 de febreiro de 2014 no primeiro recreo e remata o 21 de febreiro no segundo recreo.

Cuarta. Os microrrelatos entregaranse na biblioteca durante os recreos; recolleraos o persoal docente con garda de biblioteca.
Os participantes deben presentar as obras dentro dun sobre, co título e cun pseudónimo ou nome falso por fóra. Dentro deste sobre, incluirase outro sobre máis pequeno –tamén co título do microrrelato e o pseudónimo por fóra  no que se indique o nome completo e a clase do autor ou autora do texto dentro.

Quinta. Os traballos serán expostos, segundo se vaian presentando, en lugares visibles e accesibles do centro. 
Sexta. As obras serán avaliadas por unha comisión designada polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega e mais polo equipo da Biblioteca A Esperela do IES O Mosteirón. Esta proclamará dous textos gañadores. Un para o primeiro ciclo e outro para o 2º ciclo da ESO.

Sétima. O anuncio das obras gañadoras do certame farase o día 26 de febreiro. Terá lugar na Biblioteca A Esperela no segundo recreo. 
 
Oitava. Os gañadores recibirán un premio sorpresa.  
 
Novena. A participación no certame implica a aceptación destas bases. 
EDLG / Biblioteca A Esperela

IES O MOSTEIRÓN
Sada, 6 de febreiro de 2014
  Animádevos a participar

Ningún comentario:

Publicar un comentario