Poeta ao que lle renden tributo as Letras Galegas 2014, no ano no que se conmemora o centenario do seu nacemento.
Presentamos a continuación unha serie de recursos e enlaces para que coñezades a figura do poeta de Guitiriz:
Páxina da Real Academia Galega
Telexornal Díaz Castro: o telexornal que cada curso o CPI Dos Dices de Rois adica ao autor homenaxeado o Días das Letras Galegas retransmitiuse nesta ocasión en directo dende a Biblioteca de Galicia na Cidade da Cultura. Ademais de entrevistas, tamén poderedes escoitar sete dos seus poemas recitados por outros recoñecidos autores.
A lus do mundo. Redescubrindo o poeta Díaz Castro:
páxina do IES Poeta Díaz Castro de Guitiriz na que xenerosamente
comparten o traballo que levan feito arredor da figura de Díaz Castro
dende xa hai tempo. Música, karaoke, documental...
Penélope:
pequena curta que recrea o poema “Penélope” de Xosé María Díaz Castro
mediante a mestura das voces do alumnado cunha moderna animación manga.
Realizada polo IES As Barxas de Moaña.
Xosé María Díaz Castro:
dende hai máis dunha década, os integrantes do Seminario Galán da Coruña centran boa parte do seu traballo na elaboración de materiais
relacionados co Día das Letras Galegas e o escritor homenaxeado cada
ano, nesta ocasión, Xosé María Díaz Castro.
Na biblioteca podes ler as seguintes obras:
- Nimbos: viu a luz en 1961 e, desde aquela, figura entre os poemarios considerados xa clásicos da literatura galega do século XX.
- Xosé María Díaz Castro. Vida e obra. Armando Requeijo.
Para un achegamento á figura doautor. Xosé María Díaz Castro convertiuse nunha das figuras referenciais da poesía galega do século XX. A súa obra e moi extensa, pois gran parte da mesma permanece espallada por revistas e xornais e moita dela ficou inédita. Do estudo e edición desta obra
Ningún comentario:
Publicar un comentario