26/02/16

RECOMENDACIÓNS SEMANAIS

Presume de ler e déixate ver


Cynthia Yáñez Tizón, 1º ESO A
A lagoa das nenas mudas, Fina Casalderrey

Unha nena de Nixeria chamada Amina múdase a Galicia. Un día chega ao seu colexio e coñece unha nena chamada Io, que nesta historia é a súa mellor amiga. Amina non entende o galego, por iso Io lle fai debuxos a Amina do que di a profesora para que o entenda.
Pero Io misteriosamente desaparece...
É un libro moi recomendable para todas as idades.

2 comentarios:

  1. Grazas pola recomendación, Cynthia! O libro ten moi boa pinta! ;)

    ResponderEliminar
  2. Está fenomenal este libro, é verdade. Hai que facerlle caso a Cynthia e lelo.

    ResponderEliminar