A casa, de Paco Roca (Valencia, 1969), acaba de ser elixido Mellor Cómic Nacional de 2015, un premio que entregan dende hai catro anos as librarías especializadas.
A casa é o cómic máis persoal de Paco Roca, unha emocionante homenaxe ao seu pai falecido, no que se reconcilia cos recordos e o que significa ser pai e fillo.
Na Esperela tedes varias obras de Paco Roca, como Arrugas ou Memorias de un hombre en pijama. Pronto chegará tamén esta novidade...
Ningún comentario:
Publicar un comentario