12/02/17

ADEUS A JIRO TANIGUCHI


O debuxante xaponés, Jiro Taniguchi, un dos máis coñecidos do mundo e autor de clásicos do manga como Barrio lejano ou Un zoo en invierno, morreu este sábado aos 69 anos.
Taniguchi foi "unha ponte entre o manga e o cómic occidental" ademais dun mestre do xénero en todo o mundo. Autodidacta, caracterizase por tocar moitos xéneros nos seus libros, marcados por un estilo lírico, polo que se lle coñecía como "O poeta do manga".
Na Esperela tedes "Barrio lejano", un cómic imprescindible, no que se propón a posibilidade de volver ao pasado.

Ningún comentario:

Publicar un comentario