O libro de poesía Poemar o mar de Antonio García Teijeiro (Vigo, 1952) vén de se facer co Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil que outorga o Ministerio de Cultura. Publicado o pasado ano por Edicións Xerais, un mar que adquire características humanas protagoniza a obra.
García Teijeiro súmase así á nómina de autoras e autores galegos que foron recoñecidos co galardón e que certifican a calidade da literatura galega: Paco Martín, Xabier P. Docampo, Fina Casalderrey, Agustín Fernández Paz e Ledicia Costas.
Vía: Sermos Galiza
Ningún comentario:
Publicar un comentario