26/03/19

VISITAMOS A BIBLIOTECA DE SADA



Hoxe, A Esperela tiña programada unha actividade para 2º ESO: a visita á Biblioteca Pública Municipal "Ramón Suárez Picallo". Fixémolo en dous grupos para poder aproveitala ben: coñecimos os fondos da biblioteca, a súa orde e colocación, os criterios de selección, a búsqueda online... Rematamos cunha sesión de contacontos (a adaptación dun texto de Álvaro CunqueiroOs outros feirantes) a cargo do actor Ramiro Neira. Unha visita ben completiña!!!
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario