08/10/13

PREMIO NACIONAL DE POESÍA

Manuel Álvarez Torneiro, primeiro autor en galego en recibir o Premio Nacional de Poesía pola obra "Os Ángulos da Brasa" na que o autor reflexiona sobre a cotidianeidade, as emocións  íntimas e os pensamentos existenciais, xogando coa dimensión simbólica da palabra.
O premio concédeo o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte para distinguir a obra de autor español escrita en calquera das linguas oficiais do Estado e editada en 2012. 
Manuel Álvarez Torneiro, nado na Coruña o 7 de xullo de 1932, desenvolveu a súa carreira como xornalista e, aínda que foi un dos fundadores do grupo poético Amanecer nos anos 50 na Coruña, iniciouse tardiamente na publicación de poesía co seu debut en 1982 con "Memoria dun Silencio".
Parabéns ao autor, moi pronto a obra premiada á vosa disposición na biblioteca.

Ningún comentario:

Publicar un comentario