23/02/12

IMOS AO TEATRO: LA SOMBRA DE LEAR



Un rei, Lear, vello e canso, decide repartir o seu reino entre as súas tres fillas, con todas as riquezas, autoridade, poder e obrigas que leva, mantendo para si mesmo só a coroa e o título de monarca. Con todo, as fillas traizóanlle, cada unha á súa maneira, e o rei vese só, enfermo e desprezado, enfrontado a un destino miserable que el mesmo puxo en marcha. Arrastrándose á morte, coñecerá a tolemia, a vergoña, a fidelidade, a alegría e o horror. 
Será un único actor o que poña en escena a súa versión de O rei Lear, de Shakespeare. Este único intérprete empéñase en contar a traxedia do soberano Lear, el só. Pero, seica é posible? O actor loita contra si mesmo, contra o seu medo a xulgarse, á crítica, ao fracaso, a resultar patético... 
Esta é a montaxe que "Ultramarinos de Lucas" ofrecerá o día 1 de marzo no Forum Metropolitano da Coruña e á que asistirá o alumnado do noso instituto. 

22/02/12

ANTONIO MACHADO


No 73 aniversario do seu pasamento, A Esperela quere homenaxear o xenial poeta Antonio Machado, membro da Generación del 98
Lede este poema e escoitádeo musicado por Joan Manuel Serrat:


Ya hay un español que quiere
vivir y a vivir empieza,
entre una España que muere
y otra España que bosteza.

Españolito que vienes
al mundo te guarde Dios.
una de las dos Españas
ha de helarte el corazón.



21/02/12

MEMORIAS DE UN HOMBRE EN PIJAMA





Como xa saberedes, a película de animación baseada no cómic de Paco Roca, Arrugas, vén de gañar dous premios Goya: a mellor guion adaptado e a mellor película de animación.


Como este cómic ten moito éxito entre o alumnado, aproveitamos para recomendarvos outro do mesmo autor: Memorias de un hombre en pijama.





Nesta recompilación de historietas (cada unha de catro viñetas), Paco Roca conta de forma bastante autobiográfica a vida dun home de corenta anos que cumpre o soño da súa vida: quedar na casa todo o día co pixama posto. Por medio destas viñetas fala dos seus problemas amorosos, dos seus amigos, das "comeduras de coco" do traballo na casa, da crise dos corenta, das súas visitas ao ximnasio, da súa infancia... cunha mirada festiva, tenra, como intentando ver as cousas por primeira vez, coma un neno.

Nesta obra, Paco Roca abandona ese ton amargo que amosou en Arrugas e consegue, tamén a partir do realismo, facernos rir.
Se estades interesados, pasade a recollelo pola Esperela.

19/02/12

MORRE O GUITARRISTA ENRIQUE SIERRA


Este 17 de febreiro morreu Enrique Sierra, guitarrista, produtor e compositor español. Foi protagonista da Movida Madrileña e cofundador de Kaka de Luxe e do mítico grupo Radio Futura, no que aportaba a estética punk característica dos comezos do grupo.
Cocreador e guitarrista de cancións como "La estatua del jardín botánico", é considerada unha das 200 cancións máis importantes do rock español. Velaí a tedes neste vídeo:


Non vos perdades outras cancións como "Escuela de calor", "La negra flor" ou
    "Veneno en la piel".

18/02/12

ENTROIDO NO MOSTEIRÓN

A festa de Entroido do Mosteirón foi un auténtico éxito de participación e orixinalidade. Os premios ás comparsas estiveron moi reñidos, pero ao final os gañadores foron os rapeiros de 4º ESO, o segundo premio caeu en 4º PDC coa comparsa do enterro de Don Celidonio e o terceiro na comida lixo de 3º PDC.
Fixemos moitas fotos, aquí tedes as da Esperela, pero no Édelingua hai máis...





17/02/12

RECOMENDACIÓNS SEMANAIS

Presume de ler e déixate ver


Amanda Seijo Rodríguez, 2º ESO C
Ariadna González Brandariz, 2º ESO C

El niño con el pijama de rayas, John Boyne
El libro está basado en el hecho real de los campos de concentración y de las diversas actividades que se hacían allí.
Una familia de nazis se muda cerca de un campo de concentración y el niño por curiosidad sale al monte a jugar, hasta que llega a la verja, donde se encuentra a otro niño de su misma edad, con el que juega todos lo días, hasta que un día hace un agujero para pasar al otro lado, para buscar al padre del niño judío que estaba en el campo de concentración. Cuando lo buscaban, los nazis los llevaron a darse "una ducha", mientras tanto los padres del otro niño lo buscaban, hasta que se dieron cuenta de que estaba allí dentro, pero cuando lo encontraron ya era tarde porque en vez de llevar a los niños a ducharse, los ejecutaban.
Lo recomendaríamos para que lo leyesen los niños de estas edades. Nos gustó mucho porque habla de historias reales y porque es muy entretenido.



16/02/12

VISITA AO CGAC DO ALUMNADO DE 3º ESO

O alumnado de 3º de ESO viaxou a Santiago ao CGAC, Centro Galego de Arte Contemporánea, para ver a exposición de Jeff Wall: O carreiro sinuoso.
Aí tedes as fotos da visita:

LORENZO SILVA


Lorenzo Silva é un escritor de relatos, artículos e ensaios literarios, tamén de varias novelas que lle dan recoñecemento internacional (algunhas adaptadas ao cine). Con El alquimista impaciente obtivo o premio Nadal no ano 2000. Traballa como guionista cinematográfico e colabora en xornais, revistas e na radio.

No conxunto da súa obra inclúense, ademáis, as novelas dirixidas ao público xuvenil. A este grupo pertencen as lecturas que está a facer o alumnado de 2 de ESO, as dúas de tema amoroso :

         Moi pronto estará de visita na Esperela!

15/02/12

ENRIQUE URQUIJO

Hoxe, o cantante madrileño Enrique Urquijo cumpriría 52 anos...


Enrique Urquijo naceu en Madrid o 15 de febreiro de 1960 e morreu aos 39 anos. Foi un compositor, cantante e guitarrista español. Formou parte dos grupos de Pop rock Tos, Los Secretos e Los Problemas. Está considerado como o cantante máis emblemático do movemento contracultural xurdido durante os primeiros anos da transición da España posfranquista e que pronto se converteu na movida madrileña, que se prolongaría até finais dos anos oitenta.

Neste vídeo podedes velo xunto a Los Secretos cantando un dos seus temas máis coñecidos, "Déjame".


Unha canción de desamor para esta semana dos namorados.

14/02/12

14 DE FEBREIRO (IV)


"Amor é todo o que hai, o que fai o mundo xirar, amor e só amor, non se pode negar. Non importa o que penses, non serás capaz de facer nada sen el".
                                                                                  Bob Dylan

14 DE FEBREIRO (III)


"Cada uno da lo que recibe
y luego recibe lo que da, 
nada es más simple, 
no hay otra norma:
nada se pierde, 
todo se transforma".
Jorge Drexler ("Todo se transforma")

14 FEBREIRO (II)



Por una mirada, un mundo; 
por una sonrisa, un cielo; 
por un beso... yo no sé 
qué te diera por un beso.
Enviar frase

14 DE FEBREIRO (I)



"Si nada nos salva de la muerte, al menos que el amor nos salve de la vida".
                                                           Pablo Neruda

13/02/12

CONCURSO DE FOTOGRAFÍA NA ESPERELA

         

             BASES DO CONCURSO            FOTOLIBRO


Primeira. Os participantes presentarán fotografías orixinais e inéditas ‑e non premiadas noutros certames‑ coa temática do libro e a lectura. 

Segunda. As fotos deberán levar un título e o nome d@ autor@. Cada un participará cun máximo de cinco fotos, todas co  seu título.

Terceira. Poderá participar calquera membro da comunidade educativa do IES O Mosteirón. O prazo de presentación abrirase o día 15 de febreiro e rematará o 9 de marzo de 2012.

Cuarta. As fotografías, co seu título, enviaranse por correo electrónico ao seguinte enderezo: aesperela@gmail.com ou entregaranse na biblioteca nun sobre co nome do autor e o título por fora.

Quinta. Os traballos serán expostos, segundo se vaian presentando, en lugares visibles e accesibles do centro.


Sexta. As obras serán avaliadas polo equipo da Biblioteca A Esperela do IES O Mosteirón. Esta proclamará dúas fotografías gañadoras. Unha para o primeiro ciclo e outra para 2º ciclo e Bacharelato.

Sétima. O anuncio das fotos gañadoras do concurso farase o día  16 de marzo. Terá lugar na BIBLIOTECA A ESPERELA, no primeiro recreo.


Oitava. Os gañadores recibirán un premio sorpresa e un diploma acreditativo.

Novena. A biblioteca resérvase o dereito a usar as fotos participantes no concurso.

Décima. A participación no certame implica a aceptación destas bases.    

12/02/12

JULIO CORTÁZAR

Julio Cortázar, que morreu en París o 12 de febreiro de 1984 aos 70 anos, foi un escritor, tradutor e intelectual arxentino.
Considéraselle un dos autores máis innovadores e orixinais do seu tempo, mestre do relato curto, a prosa poética e a narración breve en xeral, creador de importantes novelas que inauguraron unha nova forma de facer literatura no mundo hispano. Debido a que os contidos da súa obra transitan na fronteira entre o real e o fantástico, adoita ser posto en relación co Surrealismo.
Viviu boa parte da súa vida en París, onde finalmente morreu. Neste vídeo podedes escoitalo recitar un poema, "Los amantes", co que comezamos esta semana de amor...  

                   

10/02/12

RECOMENDACIÓNS SEMANAIS

Presume de ler e déixate ver

Martín Gómez Chas, 2 ESO C
A casa da luz, Xabier P. Docampo

Alicia e os seus amigos, Anxo, Álvaro, Aida e Alba, coñeceron a Pumariño (un home maior que picaba nos balados e muros das casas en busca dun pucheiro con ouro) cando os axudou a facer unha cabana.
Un día, Pumariño picou na parede dunha casa e montouse unha gran revolta e os habitantes da vila ameazárono. Un tempo despois, Purmariño non apareceu e Alicia preocupouse e cos seus amigos foron á súa casa. Alí estaba Pumariño, que os deixou entrar e a casa estaba chea de cousas que encontrara polos balados e uns cadros dunhas mans xuntas, moi bonitas, que fixera coa axuda dun cadro de Durero.
Ao día seguinte, Pumariño levounos a unha casa chea de cadros nos que se podían meter, e Alicia, Pumariño, Álvaro e Anxo probaron a meterse e o tempo parábase.
Ao seguinte día, entraron nun cadro dunha torre na que había un labirinto, onde atoparon unha cidade na que os gardas deixábanos entrar se non falaban con ningún dos miles de traballadores e habitantes da cidade. Alí encontraron a Duarte, o dono da casa e os cadros, nunha taberna. Falan con el e Purmariño desaparece e encóntrano na parte superior da torre co pucheiro de ouro.
Os gardas collen a Álvaro, Duarte, Alba, Anxo e Aida, pero Alicia rescátaos e van na busca de Pumariño. Subindo encontran unhas escaleiras que non se sabía se subían ou baixaban, os gardas perseguen os nenos ata chegar arriba, onde estaba unha muller moi bela cun libro no que o vento move as follas. Pero entón os pillan e o xefe da torre captura a Alicia e ameázaa con matala se non lle dan o pucheiro, pero Pumariño estámpalle o pucheiro na cabeza e rómpese, co que empezan a caer moedas de ouro que collen os traballadores e habitantes. Para escapar pintan o cadro na fachada branca dunha casa e escapan.
O seguinte día apareceu o cadro da torre cunha muller no alto e unha cidade debaixo.
Este libro gustoume moito pola fantasía de meterse nos cadros e descubrir novas sensacións.

09/02/12

NOVAS REVISTAS NA ESPERELA

Cumprimos a nosa promesa e por fin temos na Esperela as revistas mensuais que estabades esperando: 

                                             
Coidádeas, son para tod@s. Tede en conta que só as podedes consultar na biblioteca e que non se levan para casa nin para as aulas. 
Aproveitade os recreos para estar ao día!

08/02/12

IMAXE DO DÍA


"Non hai barreira, pechadura, nin ferrollo que poidas impoñer 
á liberdade da miña mente".

                                                                Virginia Woolf
                                                              

07/02/12

CHARLES DICKENS

Hoxe celebramos o bicentenario do nacemento de Charles Dickens. Mirade este glogster se queredes saber máis do autor de novelas como David Copperfield ou Oliver Twist:

06/02/12

RUSSIAN RED E JANE JOYD EN CONCERTO

O próximo día 11 de febreiro teremos a oportunidade de ver en directo á cantante e compositora madrileña Russian Red no centro Ágora, onde presentará o seu último álbum, Fuerteventura.
Neste vídeo podedes vela cantando Cigarrettes, o tema que foi banda sonora da película Camino.

Cantará con ela a coruñesa Jane Joyd, unha das propostas con máis potencial no panorama independente, gañadora do premio Proyecto Demo 2011, o galardón español máis importante dentro do ámbito "indie".