13/11/15
04/11/15
PREMIO NACIONAL DAS LETRAS ESPAÑOLAS
Carme Riera (escritora en catalán e castelán, profesora, guionista e membro da RAE) foi galardoada este martes co Premio Nacional das Letras Españolas convocado polo Ministerio de Cultura.
24/10/15
DÍA DAS BIBLIOTECAS 2015
O 24 de outubro celébrase o Día da Biblioteca, co obxectivo de concienciar á sociedade da importancia da lectura e como recoñecemento ao labor d@s bibliotecari@s.
23/10/15
EMILIO LLEDÓ
O filósofo español Emilio Lledó (Sevilla, 1927) recolleu hoxe o Premio Princesa de Asturias das Humanidades, terceiro premio dun ano no que tamén acadou o Premio Nacional das Letras Españolas e o Antonio Sancha dos Editores.
O filósofo, formado en Alemaña, foi profesor nas universidades de Heidelberg, La Laguna, Barcelona e Madrid e na actualidade é membro da Real Academia Española, onde ocupa o sillón ele minúscula.
21/10/15
O FUTURO XA ESTÁ AQUÍ
O 21 de outubro de 2015 xa está aquí. Ese é o día no que Marty McFly (interpretado por Michael J. Fox) aterrou no futuro, que agora é o presente, en "Regreso ao futuro II" (1989). É unha das tres películas que filmou o director de cine Robert Zemeckis e todo un clásico para as xeracións que creceron nos anos 80 e 90.
11/10/15
DÍA INTERNACIONAL DAS NENAS
O Día Internacional da Nena celébrase o 11 de outubro co obxectivo de crear conciencia sobre a situación das nenas en todo o mundo.
08/10/15
SVETLANA ALEXIÉVICH
A escritora bielorrusa Svetlana Alexiévich é a gañadora do Premio Nobel de Literatura 2015. Escritora e xornalista, retratou en lingua rusa a realidade e o drama de grande parte da poboación da antiga URSS, así como os sufrimentos de Chernóbil, a guerra de Afganistán e os conflitos do presente. É moi crítica tamén co goberno do seu país.
05/10/15
DÍA MUNDIAL DO DOCENTE
Albert Camus gañou o Premio Nobel de Literatura en 1957 e pensou que, se tiña que dar grazas a alguén, era ao señor Germain, o seu mestre de Primaria. Escribiulle esta carta.
A Unesco proclamou o 5 de outubro
29/09/15
LUIS ALBERTO DE CUENCA
O poeta Luis Alberto de Cuenca foi galardoado onte co Premio Nacional de Poesía pola obra Cuaderno de vacaciones, un premio concedido polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte.
23/09/15
PABLO NERUDA
O 23 de setembro de 1973 morría na súa casa de Santiago de Chile o escritor Pablo Neruda, considerado por moitos como o máis grande poeta do século XX.
21/09/15
16/06/14
GUÍA DE LECTURAS PARA O VERÁN
Un ano mais presentamos a guía de lecturas para o verán. Unha selección con obras de sempre, de todos os xéneros e temáticas.
Lembra que podes levar ata 5 libros para ler nas vacacións...busca na biblioteca compañeiros de viaxe.
Felices vacacións e boas lecturas
21/05/14
Película "Os camiños esquencidos"
Continuando
co seu labor de difusión e homenaxe a Xosé María Díaz Castro, o IES de Guitiriz regálanos esta película de impecable realización. Os seus promotores dinnos dela:
"Os
recordos que constrúen a nosa identidade as veces non nos pertencen,
son froito das persoas que coñecemos, das vivencias escoitadas, dos
lugares, os sabores ou incluso as lecturas que nos impactan. Como a
poesía, que cando se nos agarra dentro pode tomar vida propia, allea
ó seu autor e destino inicial. Esta é a idea que desenvolveu o
obradoiro de literatura e audiovisual do IES Poeta Díaz Castro para
facer a curtametraxe Os camiños esquencidos, unha
ficción dirixida por Cristina de la Torre sobre Xosé María Díaz Castro, a quen este ano se lle dedica o Día das Letras Galegas".
"A
película, foi desenvolta durante todo o curso cun grupo de trinta
rapaces e rapazas da ESO e dentro dos contrato programa da
Consellería de Cultura e Educación, foi gravada no mes de abril
incluindo, ademais da ficción, recreacións históricas e
representacións de danza, coa intención de explorar novas
perspectivas no achegamento ó poeta dos Vilares por parte dos
xóvenes estudantes de Guitiriz".
Grazas polo traballo e parabéns
15/05/14
LETRAS GALEGAS 2014: XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO
Poeta ao que lle renden tributo as Letras Galegas 2014, no ano no que se conmemora o centenario do seu nacemento.
Presentamos a continuación unha serie de recursos e enlaces para que coñezades a figura do poeta de Guitiriz:
Páxina da Real Academia Galega
Telexornal Díaz Castro: o telexornal que cada curso o CPI Dos Dices de Rois adica ao autor homenaxeado o Días das Letras Galegas retransmitiuse nesta ocasión en directo dende a Biblioteca de Galicia na Cidade da Cultura. Ademais de entrevistas, tamén poderedes escoitar sete dos seus poemas recitados por outros recoñecidos autores.
Xosé María Díaz Castro:
dende hai máis dunha década, os integrantes do Seminario Galán da Coruña centran boa parte do seu traballo na elaboración de materiais
relacionados co Día das Letras Galegas e o escritor homenaxeado cada
ano, nesta ocasión, Xosé María Díaz Castro.
- Nimbos: viu a luz en 1961 e, desde aquela, figura entre os poemarios considerados xa clásicos da literatura galega do século XX.
- Xosé María Díaz Castro. Vida e obra. Armando Requeijo.
Para un achegamento á figura doautor.
Xosé María Díaz Castro convertiuse nunha das figuras referenciais da
poesía galega do século XX. A súa obra e moi extensa, pois gran parte da
mesma permanece espallada por revistas e xornais e moita dela ficou
inédita. Do estudo e edición desta obra
encargouse o crítico literario e profesor Armando Requeixo, quen neste libro achega toda esa produción aos lectores.E para escoitar un pouco de música da man de Paco Nogueiras
Fuxan os Ventos ten musicado o poema de X. M. Díaz Castro "Penélope", con voz do propio poeta. Imprescindible
FELIZ E POÉTICO DÍA DAS LETRAS GALEGAS
06/05/14
FOTOLIBRO 2014, III EDICIÓN
Presentamos as fotos participantes no concurso e os premios outorgados nesta edición do concurso.
Fotolibro 2014 from aesperela
Grazas pola participación e parabéns as premiadas.
27/04/14
VIÑETAS SOBRE O LIBRO
Presentamos as viñetas que forman parte da exposición sobre o libro organizada para conmemorar o Día do Libro.
FOTOLIBRO:Lembrade votar polas fotos que mais vos gusten. Para facelo cubride a papeleta que está na mesa diante das fotos e introducídea na furna da biblioteca, despois de identificarvos.
Remata o prazo o martes 29 as 12:30
Grazas
25/04/14
GABRIEL GARCÍA MÁRQUEZ
Dende a Biblioteca Rosalía Castro, IES Pazo da Mercé (As Neves), chéganos esta presentación como homenaxe a GABO, finado o pasado 17 de abril. Grazas.
Para lembrar a súa vida e coñecer as
súas obras podes dar un paseo virtual sobre esta imaxe de bolboretas
amarelas que tanto significado tiñan para Gabo. E non esquezas o relato "Viendo llover Galicia"
22/04/14
23 de ABRIL: DÍA MUNDIAL DO LIBRO E DOS DEREITOS DO AUTOR
“ Ler para soñar, soñar para vivir”. María Canosa
DÍA MUNDIAL DO LIBRO
ACTIVIDADES
- Día 23 na hora de ler (2ª hora) lectura de textos do Quijote.
- Día 23 no 2º recreo: Inauguración da Exposición: “DESCUBRE OS TESOUROS DA BIBLIOTECA”. Libros diferentes, espectaculares, formatos especiais,... Entrega de marca-páxinas conmemorativo aos asistentes.
- Día 23, no recibidor do instituto: “Dálles outra oportunidade”, libros de expurgo para levar, ler e compartir.
- Día 24, no 2º recreo: Homenaxe a Gabriel García Márquez polo seu pasamento. Expoñemos as súas obras e leremos textos das súas obras.
- Exposición: “ O LIBRO EN VIÑETAS”
Lembrade que segue aberto o prazo para presentar as vosas obras ao concurso “FOTOLIBRO”
“El escritor escribe su libro para explicarse a sí mismo lo que no se puede explicar”. GABRIEL GARCÍA MÁRQUEZ
“El escritor escribe su libro para explicarse a sí mismo lo que no se puede explicar”. GABRIEL GARCÍA MÁRQUEZ
Participa e goza dos libros e a lectura
08/04/14
CONCURSO FOTOLIBRO: III EDICIÓN
Por terceiro ano convocamos o Concurso "Fotolibro", malia coincidir as
vacacións de Semana Santa durante o proceso e prazos para presentar os
vosos traballos, o correo da biblioteca estará aberto para recibir as
vosas obras.
BASES
DO CONCURSO FOTOLIBRO
III
EDICIÓN
Primeira.
Os
participantes presentarán fotografías orixinais e inéditas e
non premiadas noutros certames coa temática do libro e a
lectura.
Segunda.
As fotos deberán levar un título e o nome d@ autor@. Cada
un participará cun máximo de tres fotos en formato jpg..
Terceira.
Poderá participar calquera membro da comunidade educativa do IES O
Mosteirón (alumnado, profesorado, persoal do centro. pais e nais)
O prazo de
presentación ábrese o día 8 de abril e rematará o 26 de abril de
2014.
Cuarta.
As
fotografías, co seu título e nome do autor/a, enviaranse por correo
electrónico ao seguinte enderezo: aesperela@gmail.com ou
entregaranse na biblioteca nun sobre co nome do autor e o título da
fotografía por fora.
Quinta. Os
traballos serán expostos, segundo se vaian presentando, en
lugares visibles e accesibles do centro.
- Do 10 de abril ao 29 de abril todos os membros da comunidade educativa poderán emitir o seu voto empregando as papeletas preparadas a tal efecto na exposición de fotos (recibidor do Instituto)
- Pódense escoller tres fotos, unha por cada categoría.
- A papeleta entregarase na biblioteca durante os recreos. Emitirase un voto por persoa, previa identificación no momento de entregar a papeleta.
- Correspóndelle A Esperela a proclamación das fotos gañadoras: unha para o primeiro ciclo, outra para o segundo ciclo e outra para adultos.
Sétima.
O anuncio
das fotos gañadoras do concurso farase o día 30 de
abril. Terá lugar na BIBLIOTECA A ESPERELA, no segundo recreo.
Oitava.
Os
gañadores recibirán un premio sorpresa por valor de 100 €
a repartir entre as tres categorías a criterio da organización.
Novena.
A
biblioteca resérvase o dereito a usar as fotos participantes no
concurso.
Décima.
A
participación no certame implica a aceptación destas bases.
Animádevos a
participar. As vacacións son un momento ideal para “xogar” coas
fotos e ler. Seguro que nesta convocatoria preséntanse mais
fotografías que na do ano pasado.
05/04/14
SEMANA DA PRENSA
O alumnado de 1º ESO estivo traballando coa prensa durante a semana do 17 ao 21 de marzo. Organizados en equipos tiñan que "editar" un xornal: cabeceira, seccións, noticias,..
Podedes velos traballando
Podedes velos traballando
A continuación os exemplares realizados
Os exemplares orixinais á vosa disposición na biblioteca. Non deixedes de lelos.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)












