Hoxe cumpre anos a escritora e xornalista catalana Maruja Torres, gañadora dos premios Planeta e Nadal é autora de libros como Mientras vivimos ou Esperadme en el cielo.
16/03/16
15/03/16
14/03/16
A GALA DOS PREMIOS ÓSCAR
GONZALO RODRÍGUEZ SERRANO, 4º ESO
La 88ª edición de los Premios Óscar, gala presentada por Chris Rock, estuvo muy entretenida; sin embargo, esto no significa que haya sido una de las mejores.
Chris Rock me sorprendió en su segunda asistencia como anfitrión, ya que destacó con su monólogo de presentación (a diferencia de demás anfitriones de galas anteriores él no compuso una canción).
En esta edición hubo premios merecidos, aunque los numerosos premios que recibió la película Mad Max eran innecesarios y gran parte inmerecidos. De todas formas, muchas otras películas y actores llevaron los premios que esperaban, como Leonardo DiCaprio, el cual ganó a mejor actor o como Alicia Vikander, a mejor actriz de reparto.
Espero ansioso a próximas ediciones que sean tan especiales como esta.
13/03/16
MIGUEL DELIBES
Cando se cumpren seis anos do pasamento de Miguel Delibes, queremos lembrar a este magnífico escritor español, membro da RAE e xornalista.
Figura fundamental na literatura posterior á Guerra Civil, recoñecido con moitísimos premios literarios e con obras traducidas a todos os idiomas e adaptadas ao cine e ao teatro.
Na Esperela recomendámosvos El príncipe destronado, El camino, Cinco horas con Mario ou Los santos inocentes.
11/03/16
RECOMENDACIÓNS SEMANAIS
Presume de ler e déixate ver
Raúl Presedo Val, 1º ESO B
Wigetta y el báculo dorado, Vegetta 777/Willyrex
Willy, Vegetta, Vakipandy y Trotuman son cuatro amigos que siempre están viviendo nuevas aventuras. Esta vez tendrán que proteger Pueblo, la ciudad que con tanto esfuerzo habían construido. Tendrán que protegerlo de un mercenario que la está destruyendo con un virus que destruye todo a su paso y para ello necesitarán la ayuda de Ray, un científico que hará todo lo posible para ayudarles.
Este libro me ha encantado porque junta mis dos géneros favoritos: la aventura y la ciencia ficción. Se lo recomendaría a gente de entre 10 y 13 años, porque es muy fácil de leer y engancha muy rápido.
10/03/16
MELLOR CÓMIC DO ANO!!
A casa, de Paco Roca (Valencia, 1969), acaba de ser elixido Mellor Cómic Nacional de 2015, un premio que entregan dende hai catro anos as librarías especializadas.
A casa é o cómic máis persoal de Paco Roca, unha emocionante homenaxe ao seu pai falecido, no que se reconcilia cos recordos e o que significa ser pai e fillo.
Na Esperela tedes varias obras de Paco Roca, como Arrugas ou Memorias de un hombre en pijama. Pronto chegará tamén esta novidade...
08/03/16
DÍA DAS MULLERES
A idea dun Día Internacional da Muller xorde a finais do século XIX, pero son distintos sucesos no século XX os que derivan na conmemoración que coñecemos hoxe. Un dos máis simbólicos foi en marzo de 1911 en New York, cando 123 traballadoras morreron no incendio da fábrica de confección de camisas Triangle Shirtwaist. A traxedia amosou as penosas condicións nas que traballaban as mulleres, moitas delas inmigrantes e moi pobres...
07/03/16
06/03/16
GABRIEL GARCÍA MÁRQUEZ
Tal día coma hoxe de 1927, nacía en Aracataca, Colombia, Gabriel García Márquez, unha das figuras máis importantes da literatura universal. Gañador do Premio Nobel de Literatura en 1982, foi ademais contista, ensaísta, crítico cinematográfico, autor de guións e, sobre todo, intelectual comprometido cos grandes problemas do noso tempo. Morreu en abril de 2014.
04/03/16
RECOMENDACIÓNS SEMANAIS
Presume de ler e déixate ver
Paula Ennes Zubiela, 1º ESO A
Una posibilidad entre mil, Cristina Durán/Miguel A. Giner
Una posibilidad entre mil, Cristina Durán/Miguel A. Giner
Este libro es muy interesante y se lo recomendaría a niños de mi edad o más. Trata de unos padres que tienen una hija llamada Laia que sufre una parálisis cerebral. La historia cuenta como Miguel y Cristina, los padres y autores, van afrontando esta situación.
03/03/16
MARGUERITE DURAS
Hai hoxe vinte anos, morría en París a novelista, guionista e directora de cine Marguerite Duras.
Autora de novelas tan coñecidas como O amante (traducida a máis de corenta linguas) ou O amante da China do Norte, a súa propia vida foi un dos seus temas máis repetidos. A destrución, o amor, a alienación social. Historias tormentosas, de soidade e escritura, de palabras e silencios, de desexos... O desamor maternal marcou toda a súa vida e fixo dela un personaxe contraditorio.
02/03/16
HARRY POTTER E O NENO MALDITO
O oitavo libro da saga Harry Potter publicarase o 31 de xullo, un día despois da estrea en Londres da obra teatral do mesmo título.
Na nova entrega, que se sitúa 19 anos despois, Harry é pai de tres fillos e empregado do Ministerio da Maxia...
01/03/16
LA PRINCESA PROMETIDA
Coñecedes o libro A princesa prometida, de William Goldman? Esta é unha das súas frases máis famosas...
Espera por vós na Esperela!!!
26/02/16
RECOMENDACIÓNS SEMANAIS
Presume de ler e déixate ver
Cynthia Yáñez Tizón, 1º ESO A
A lagoa das nenas mudas, Fina Casalderrey
A lagoa das nenas mudas, Fina Casalderrey
Unha nena de Nixeria chamada Amina múdase a Galicia. Un día chega ao seu colexio e coñece unha nena chamada Io, que nesta historia é a súa mellor amiga. Amina non entende o galego, por iso Io lle fai debuxos a Amina do que di a profesora para que o entenda.
Pero Io misteriosamente desaparece...
É un libro moi recomendable para todas as idades.
25/02/16
DÍA DE ROSALÍA
O alumnado de terceiro lembrou na Esperela a Rosalía de Castro no seu día, cunha actividade organizada por Belén.
24/02/16
23/02/16
ROTEIRO POLA TERRA CHÁ
Onte o alumnado de 4º ESO participou nun roteiro
pola Terra Chá organizado polos departamentos de Lingua Galega e Plástica e
Visual. Visitaron a Casa Museo de Manuel María, as Penas de Rodas e a
Carballeira de Santa Isabel.
Este alumnado participa na realización dunha
curtametraxe documental (dentro do proxecto "Cinema en curso") sobre a figura de Manuel María e os espazos máis
importantes presentes na súa obra.
Parece que o pasaron ben…
Parece que o pasaron ben…
22/02/16
LEMBRANDO A ANTONIO MACHADO
Un día coma hoxe de hai 77 anos, morría en Collioure (Francia) o poeta Antonio Machado. Figura destacada da Generación del 98 e autor intimista, simbolista e comprometido co seu tempo.
NESTE ENLACE podedes ver a actividade que preparou o alumnado de 4º para non esquecer esta data.
21/02/16
MORRE UMBERTO ECO
O escritor e filósofo italiano Umberto Eco, que sempre criticou a manipulación no xornalismo e a corrupción, morreu este venres aos 84 anos.
Foi autor de prestixio internacional e creador de obras inesquecibles como O péndulo de Foucault ou O nome da rosa, un éxito de ventas ambientado no século XIV.
Galardoado con numerosos premios, obtivo o Príncipe de Asturias de Comunicación e Humanidades no ano 2000.
19/02/16
RECOMENDACIÓNS SEMANAIS
Presume de ler e déixate ver
Claudia Roel Gómez , 3º ESO
O corazón de Xúpiter, Ledicia Costas
O corazón de Xúpiter conta a historia de
Isla, unha rapaza de 17 anos que se muda a unha vila onde non coñece a ninguén
e a través de internet fala con Xúpiter, unha persoa algo misteriosa á que
coñecerá na noite de San Xoán…
É recomendable porque trata con naturalidade
temas moi diversos, como a homosexualidade. Tamén o recomendo porque é un libro
moi entretido co que te podes sentir identificado.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)










