27/11/15

XOSÉ NEIRA VILAS


"Galicia é a nai e é a patria. O meu principio 
o meu fin. A miña razón de vivir. 
A nosa lingua é o meu orgullo".

O escritor Xosé Neira Vilas finou a pasada noite na súa casa de Gres, en Vila de Cruces. O narrador, ensaísta, xornalista e poeta tiña 87 anos e seguía en activo. A súa obra máis coñecida, Memorias dun neno labrego, leva vendidos uns 600.000 exemplares e vai pola súa 35 edición. O seu comezo pasará á historia: "Eu son Balbino. Un rapaz de aldea. Coma quen di, un ninguén. E ademais, pobre".

Que a terra lle sexa leve

25/11/15

CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA


814 mulleres asasinadas nos últimos doce anos. 48 mulleres asasinadas no que vai de 2015. 4000 chamadas cada mes ao 016, o teléfono de atención ás vítimas. 26 menores asasinad@s. 42 nen@s orf@s. 126742 denuncias en 2014.

24/11/15

JUAN GENOVÉS NO MAC


"Multitudes" é a exposición de 70 obras do artista Juan Genovés (Valencia, 1930) que estará hasta xaneiro no MAC (Museo de Arte Contemporáneo Gas Natural Fenosa). As obras xiran en torno a temática que da título á mostra e enmárcanse na liña no realismo social, cun estilo expresionista e provocador.

20/11/15

DÍA INTERNACIONAL DA INFANCIA

O Día Internacional da Infancia, que se celebra o 20 de novembro, é un día dedicado a todos os nenos e nenas do mundo.
É un día para chamar a atención sobre a situación dos nenos máis desfavorecidos, dar a coñecer os dereitos da infancia e concienciar as persoas da importacia de traballar día a día polo seu benestar e desenvolvemento.

13/11/15

04/11/15

PREMIO NACIONAL DAS LETRAS ESPAÑOLAS


Carme Riera (escritora en catalán e castelán, profesora, guionista e membro da RAE) foi galardoada este martes co Premio Nacional das Letras Españolas convocado polo Ministerio de Cultura.

24/10/15

DÍA DAS BIBLIOTECAS 2015


O 24 de outubro celébrase o Día da Biblioteca, co obxectivo de concienciar á sociedade da importancia da lectura e como recoñecemento ao labor d@s bibliotecari@s.

23/10/15

EMILIO LLEDÓ

O filósofo español Emilio Lledó (Sevilla, 1927) recolleu hoxe o Premio Princesa de Asturias das Humanidades, terceiro premio dun ano no que tamén acadou o Premio Nacional das Letras Españolas e o Antonio Sancha dos Editores.
O filósofo, formado en Alemaña, foi profesor nas universidades de Heidelberg, La Laguna, Barcelona e Madrid e na actualidade é membro da Real Academia Española, onde ocupa o sillón ele minúscula.
AQUÍ podedes escoitar o discurso que pronunciou ao recoller o premio.



21/10/15

O FUTURO XA ESTÁ AQUÍ

O 21 de outubro de 2015 xa está aquí. Ese é o día no que Marty McFly (interpretado por Michael J. Fox) aterrou no futuro, que agora é o presente, en "Regreso ao futuro II" (1989). É unha das tres películas que filmou o director de cine Robert Zemeckis e todo un clásico para as xeracións que creceron nos anos 80 e 90.

11/10/15

08/10/15

SVETLANA ALEXIÉVICH


A escritora bielorrusa Svetlana Alexiévich é a gañadora do Premio Nobel de Literatura 2015. Escritora e xornalista, retratou en lingua rusa a realidade e o drama de grande parte da poboación da antiga URSS, así como os sufrimentos de Chernóbil, a guerra de Afganistán e os conflitos do presente. É moi crítica tamén co goberno do seu país.

05/10/15

DÍA MUNDIAL DO DOCENTE


Albert Camus gañou o Premio Nobel de Literatura en 1957 e pensou que, se tiña que dar grazas a alguén, era ao señor Germain, o seu mestre de Primaria. Escribiulle esta carta.



A Unesco proclamou o 5 de outubro 

29/09/15

LUIS ALBERTO DE CUENCA

O poeta Luis Alberto de Cuenca foi galardoado onte co Premio Nacional de Poesía pola obra Cuaderno de vacaciones, un premio concedido polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte.

23/09/15

PABLO NERUDA

O 23 de setembro de 1973 morría na súa casa de Santiago de Chile o escritor Pablo Neruda, considerado por moitos como o máis grande poeta do século XX.


16/06/14

GUÍA DE LECTURAS PARA O VERÁN

Un ano mais presentamos a guía de lecturas para o verán. Unha selección con obras de sempre, de todos os xéneros e temáticas.

Lembra que podes levar ata 5 libros para ler nas vacacións...busca na biblioteca compañeiros de viaxe.
Felices vacacións e boas lecturas

21/05/14

Película "Os camiños esquencidos"

Continuando co seu labor de difusión e homenaxe a Xosé María Díaz Castro, o IES de Guitiriz regálanos esta película de impecable realización. Os seus promotores dinnos dela:
"Os recordos que constrúen a nosa identidade as veces non nos pertencen, son froito das persoas que coñecemos, das vivencias escoitadas, dos lugares, os sabores ou incluso as lecturas que nos impactan. Como a poesía, que cando se nos agarra dentro pode tomar vida propia, allea ó seu autor e destino inicial. Esta é a idea que desenvolveu o obradoiro de literatura e audiovisual do IES Poeta Díaz Castro para facer a curtametraxe Os camiños esquencidos, unha ficción dirixida por Cristina de la Torre sobre Xosé María Díaz Castro, a quen este ano se lle dedica o Día das Letras Galegas".

"A película, foi desenvolta durante todo o curso cun grupo de trinta rapaces e rapazas da ESO e dentro dos contrato programa da Consellería de Cultura e Educación, foi gravada no mes de abril incluindo, ademais da ficción, recreacións históricas e representacións de danza, coa intención de explorar novas perspectivas no achegamento ó poeta dos Vilares por parte dos xóvenes estudantes de Guitiriz".
Grazas polo traballo e parabéns

15/05/14

LETRAS GALEGAS 2014: XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO

Poeta ao que lle renden tributo as Letras Galegas 2014, no ano no que se conmemora o centenario do seu nacemento.


Presentamos a continuación unha serie de recursos e enlaces para que coñezades a figura do poeta de Guitiriz:


Páxina da Real Academia Galega Inicio

 Telexornal Díaz Castro: o telexornal que cada curso o CPI Dos Dices de Rois adica ao autor homenaxeado o Días das Letras Galegas retransmitiuse nesta ocasión en directo dende a Biblioteca de Galicia na Cidade da Cultura. Ademais de entrevistas, tamén poderedes escoitar sete dos seus poemas recitados por outros recoñecidos autores.

A lus do mundo. Redescubrindo o poeta Díaz Castro: páxina do IES Poeta Díaz Castro de Guitiriz na que xenerosamente comparten o traballo que levan feito arredor da figura de Díaz Castro dende xa hai tempo. Música, karaoke, documental...

Penélope: pequena curta que recrea o poema “Penélope” de Xosé María Díaz Castro mediante a mestura das voces do alumnado cunha moderna animación manga. Realizada polo IES As Barxas de Moaña.  

 
Xosé María Díaz Castro: dende hai máis dunha década, os integrantes do Seminario Galán da Coruña centran boa parte do seu traballo na elaboración de materiais relacionados co Día das Letras Galegas e o escritor homenaxeado cada ano, nesta ocasión, Xosé María Díaz Castro.
  • Xosé María Díaz Castro, versos guitiricenses
  • Banda deseñada, unha forma sinxela e lúdica de achegarse á vida e obra deste autor. Pódese descargar en formato pdf.


  • Na biblioteca podes ler as seguintes obras:
    - Nimbosviu a luz en 1961 e, desde aquela, figura entre os poemarios considerados xa clásicos da literatura galega do século XX.

    - Xosé María Díaz Castro. Vida e obra. Armando Requeijo.
    Para un achegamento á figura doautor. Xosé María Díaz Castro convertiuse nunha das figuras referenciais da poesía galega do século XX. A súa obra e moi extensa, pois gran parte da mesma permanece espallada por revistas e xornais e moita dela ficou inédita. Do estudo e edición desta obra encargouse o crítico literario e profesor Armando Requeixo, quen neste libro achega toda esa produción aos lectores.



    E para escoitar un pouco de música da man de Paco Nogueiras

    Fuxan os Ventos ten musicado o poema de X. M. Díaz Castro "Penélope", con voz do propio poeta. Imprescindible
     

    FELIZ E POÉTICO DÍA DAS LETRAS GALEGAS

    06/05/14

    FOTOLIBRO 2014, III EDICIÓN

    Presentamos as fotos participantes no concurso e os premios outorgados nesta edición do concurso.


    Grazas pola participación e parabéns as premiadas.

    27/04/14

    VIÑETAS SOBRE O LIBRO

    Presentamos as viñetas que forman parte da exposición sobre o libro organizada para conmemorar o Día do Libro.



    FOTOLIBRO:Lembrade votar polas fotos que mais vos gusten. Para facelo cubride a papeleta que está na mesa diante das fotos e introducídea na furna da biblioteca, despois de identificarvos.
    Remata o prazo o martes 29 as 12:30 
    Grazas