17/02/17
16/02/17
GLORIA FUERTES
Neste ano 2017 conmemórase o centenario do nacemento de Gloria Fuertes (1917-1998). A poeta é un dos referentes da literatura española do século XX. Aínda que son moitas as facetas literarias que cultivou, a adicada á produción para nenos é a máis coñecida.
Aquí podedes escoitala.
Gloria Fuertes nació en Madrid
a los dos días de edad,
pues fue muy laborioso el parto de mi madre
que si se descuida muere por vivirme.
A los tres años ya sabía leer
y a los seis ya sabía mis labores.
Yo era buena y delgada,
alta y algo enferma.
A los nueve años me pilló un carro
y a los catorce me pilló la guerra;
A los quince se murió mi madre, se fue cuando más falta me hacía.
Aprendí a regatear en las tiendas
y a ir a los pueblos por zanahorias.
Por entonces empecé con los amores,
-no digo nombres-,
gracias a eso, pude sobrellevar
mi juventud de barrio.
Quise ir a la guerra, para pararla,
pero me detuvieron a mitad del camino.
Luego me salió una oficina,
donde trabajo como si fuera tonta,
-pero Dios y el botones saben que no lo soy-.
Escribo por las noches
y voy al campo mucho.
Todos los míos han muerto hace años
y estoy más sola que yo misma.
He publicado versos en todos los calendarios,
escribo en un periódico de niños,
y quiero comprarme a plazos una flor natural
como las que le dan a Pemán algunas veces.
15/02/17
14/02/17
PREMIOS NO CONCURSO "AMOR? AMOR! EN 100 PALABRAS"
Hoxe entregamos os premios do certame de microrrelatos "Amor? Amor! en 100 palabras".
A calidade e a sensibilidade dos textos foi tal que decidimos facer dous accésit a cada categoría e así tivemos seis premios en total:
En primeiro ciclo as gañadoras dos accésit son Andrea Sambad (1 ESO) e Rebeca Pérez (2 ESO) . Laura Pampín (1 ESO) leva o primeiro premio.
En segundo ciclo os accésit son para Iván Falce (3 ESO) e Manuel Souto (3 ESO). O primeiro premio é para Nadia Muíños (4 ESO).
ENTREGA DE PREMIOS on PhotoPeach
Grazas pola participación e parabéns!!
12/02/17
ADEUS A JIRO TANIGUCHI
O debuxante xaponés, Jiro Taniguchi, un dos máis coñecidos do mundo e autor de clásicos do manga como Barrio lejano ou Un zoo en invierno, morreu este sábado aos 69 anos.
Taniguchi foi "unha ponte entre o manga e o cómic occidental" ademais dun mestre do xénero en todo o mundo. Autodidacta, caracterizase por tocar moitos xéneros nos seus libros, marcados por un estilo lírico, polo que se lle coñecía como "O poeta do manga".
Na Esperela tedes "Barrio lejano", un cómic imprescindible, no que se propón a posibilidade de volver ao pasado.
11/02/17
10/02/17
VOLVEN OS APADRIÑAMENTOS LECTORES!
Unha das actividades máis bonitas e gratificantes das que facemos dende a Esperela é esta, a dos apadriñamentos lectores. Consite en ir ás aulas de educación infantil do CEIP, con alumnado voluntario de cuarto de ESO, e contar contos de forma individual aos cativiños.
Os pequenos pásano moi ben, gozan cos contos e coa novidade, pero ver as cariñas dos maiores non ten prezo!!
APADRIÑAMENTOS!! on PhotoPeach
04/02/17
03/02/17
VISITA NA ESPERELA
Hoxe tivemos na Esperela unha visita moi divertida: o alumnado de sexto do CEIP Mosteirón que vai cursar estudos no noso centro o próximo curso.
Directora, orientador e coordinadora da biblioteca falaron con eles, responderon ás súas preguntas e entregáronlles información sobre o instituto.
Tivemos a sorte de contar con oito alumnos colaboradores, catro de primeiro de ESO e catro de cuarto. Eles mellor que ninguén poden desvelar os "intríngulis" do instituto e guiar a este novo alumnado polas aulas e departamentos.
VISITA NA ESPERELA on PhotoPeach
02/02/17
EL ESPÍRITU DE LA COLMENA
O alumnado de terceiro de ESO participa no proxecto CiNed e asistiu o 20 de xaneiro ao CGAI á proxección da película El espíritu de la colmena, de Víctor Erice.
Neste mural podedes ver o poema que crearon despois con Belén, a profesora de Lingua Galega. Unha delicia!
Era unha vez…
un espírito nun pozo,
unha familia que falaba coas miradas,
un cine–tanatorio,
unha película dentro dunha película,
un fuxido que comeu unha mazá
e a morte, que chegou á mente dunha nena.
Era unha vez Ana e un republicano,
era unha vez un reloxo delator,
unhas cartas nunca recibidas,
a morte finxida,
unha pérdida,
un pé nunha pegada,
e a vida nunha colmea.
Era unha vez un apicultor misántropo,
era unha vez unha nena… pero xa non.
Era unha vez…
01/02/17
30/01/17
27/01/17
DÍA INTERNACIONAL DAS VÍTIMAS DO HOLOCAUSTO
O 27 de xaneiro conmemórase en todo mundo por ser o aniversario da liberación do campo de concentración de Auschwitz.
Na Esperela recomendámosvos estas lecturas, que axudan a non esquecer:
26/01/17
25/01/17
DÍA DA EDUCACIÓN AMBIENTAL
A educación ambiental é un proceso continuo no que os individuos toman conciencia do seu medio e adquiren os valores, as competencias e a vontade para actuar na resolución dos problemas actuais e futuros do medio ambiente.
24/01/17
LA LECCIÓN DE AUGUST
Título: La lección de August
Título orixinal: Wonder
Autora: R.J.Palacio
August é un rapaz de dez anos divertido, intelixente e fan da "Guerra das galaxias". É un neno coma todos, pero tamén diferente aos demais: naceu cunha enfermidade moi grave que deforma a súa cara.
Debido as súas múltiples operacións nunca foi á escola (estudaba na casa) e este vai ser o seu primeiro ano...
Queredes saber como lle vai?
Pasade pola Esperela e coñeceredes a súa historia!
Título orixinal: Wonder
Autora: R.J.Palacio
August é un rapaz de dez anos divertido, intelixente e fan da "Guerra das galaxias". É un neno coma todos, pero tamén diferente aos demais: naceu cunha enfermidade moi grave que deforma a súa cara.
Debido as súas múltiples operacións nunca foi á escola (estudaba na casa) e este vai ser o seu primeiro ano...
Queredes saber como lle vai?
Pasade pola Esperela e coñeceredes a súa historia!
20/01/17
18/01/17
RUBÉN DARÍO
Rubén Darío morreu o 18 de xaneiro de 1916. Foi un poeta nicaraguano, máximo representante do modernismo literario en lingua castelá. Posiblemente o poeta máis influínte do século XX.
15/01/17
LUIS MARÍA PESCETTI
Hoxe cumpre anos Luis María Pescetti, escritor, músico e cantante arxentino, con obra para nenos e adultos.
Parabéns!!
13/01/17
RECOMENDACIÓNS PARA A FINDE
Nesta fin de semana tedes moitas posibilidades, cal escolledes?
Na Casa da Cultura Pintor Lloréns de Sada: Laia, aprendiz de maga, un espectáculo de teatro infantil da compañía Animar-T. Unha visión optimista da vida, que amosa que con esforzo e confianza nun mesmo se pode conseguir aquilo que realmente desexamos.
No Fórum Metropolitano da Coruña tedes este sábado a VII Gala de Maxia Solidaria "Terra de Maxia", un espectáculo de ilusionismo en beneficio de la Fundación Terra de Homes.
No pazo da cultura de Narón, SÉS presenta o seu novo disco. Se algo podemos destacar de SÉS é o seu enorme carisma e forza persoal, xa de sobra amosada en centos de concertos e actuacións ao longo de toda Galiza.
Cine: Animales fantásticos y dónde encontrarlos, de David Yates. Nesta película, Newt Scamander, o preeminente maxizoólogo do mundo da maxia, chega á cidade de New York despois de ter viaxado por todo o mundo buscando e documentando as distintas criaturas máxicas.
E, por suposto, os museos científicos coruñeses:
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)









