05/10/17

PREMIO NOBEL DE LITERATURA


O británico Kazuo Ishiguro, de 62 anos, foi galardoado hoxe co Premio Nobel de Literatura 2017. É o segundo autor consecutivo en lingua inglesa que consigue o Nobel, despois de Bob Dylan o ano pasado.
O xurado destacou "as súas novelas de gran forza emocional que descubriron o abismo baixo o noso ilusorio sentido da conexión co mundo". A súa obra máis celebrada é O que queda do día (1989), a súa terceira novela. A súa última obra, de fantasía, leva por título O xigante soterrado e explora como a memoria se relaciona co olvido, a historia co presente e a fantasía coa realidade.

04/10/17

PREMIO NACIONAL DE LITERATURA INFANTIL E XUVENIL


O libro de poesía Poemar o mar de Antonio García Teijeiro (Vigo, 1952) vén de se facer co Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil que outorga o Ministerio de Cultura. Publicado o pasado ano por Edicións Xerais, un mar que adquire características humanas protagoniza a obra.
García Teijeiro súmase así á nómina de autoras e autores galegos que foron recoñecidos co galardón e que certifican a calidade da literatura galega: Paco MartínXabier P. DocampoFina Casalderrey, Agustín Fernández Paz e Ledicia Costas

03/10/17

XA ESTÁN AQUÍ!!

A partir de mañá xa teredes os carnés da biblioteca, co voso número de lectores/as, imprescindible para retirar os préstamos na Esperela.

                        

26/09/17

25/09/17

FOMENTO DA LECTURA

Na Esperela preparamos dous trípticos para achegarnos ás familias: un de instrucións de funcionamento da biblioteca e outro de fomento da lectura. 






23/09/17

CHUS PATO INGRESA NA RAG


Hoxe Chus Pato lerá o seu discurso de ingreso na Real Academia Galega (RAG) como membro de número nunha cerimonia que terá lugar no IES Ramón Otero Pedrayo de Ourense. 
Chus Pato (Ourense, 1955) posúe unha voz renovadora e rupturista cun marcado compromiso ético coa condición feminina e co país. Os seus primeiros poemas viron a luz na revista Escrita (1984). Parte da súa obra pode lerse tamén en revistas como (Luzes de Galicia, Festa da palabra silenciada, Andaina, Gume, DornaClave Orión...), e en antoloxías e libros colectivos. Urania (1991) foi o seu primeiro libro de poemas, ao que seguiron Heloísa (1994), Fascinio (1995), A ponte das poldras (1996) ou Nínive (1996), co que gañou o Premio Losada Diéguez en 1997. En 2009 fíxose co Premio da Crítica por Hordas de escritura (2008), co que volveu gañar o Losada Diéguez. Este título forma parte da pentaloxía Decrúa(antes Método), aberta no ano 2000 con m-Talá, e da que tamén forman parte Charenton (2003), Secesión (2009) e Carne de Leviatán (2013), polo que foi recoñecida co Premio da Irmandades do Libro como mellor autora do ano.
A poesía de Chus Pato foi traducida ao español, inglés, portugués, serbio, polaco, alemán, italiano ou árabe clásico, entre outros idiomas, e está presente en antoloxías internacionais. 

28/06/17

FELIZ VERÁN!!

A Esperela pecha as súas portas por este curso. Gozade moito das vacacións e vémonos en setembro con novas lecturas e actividades!

24/06/17

GRADUACIÓN 2017

Unha festa de fin de curso con actuacións, música, baile, discursos, sorpresas, visitas de ex-alumnos e, un ano máis, despedimos cun agasallo da Esperela ao alumnado que marcha do centro. 
Parabéns e moita sorte, rapaces!!

GRADUACIÓN 2017 on PhotoPeach

GRADUACIÓN 2017 on PhotoPeach



23/06/17

XOSÉ NEIRA VILAS EN PRIMEIRO


A última actividade da Esperela neste curso foi a pintura da porta de 1º ESO A, buscando homenaxear a Xosé Neira Vilas cunha portada de Memorias dun neno labrego de Edicións do Castro.
XOSÉ NEIRA VILAS on PhotoPeach

22/06/17

VIAXE CULTURAL A SALAMANCA


Esta semana, alumnado de 3º de ESO viaxou a Salamanca para participar nunha actividade cultural. Da man das súas profesoras repasaron o aprendido sobre San Juan de la Cruz, Fray Luis de León, Santa Teresa de Jesús, La Celestina, Lazarillo de Tormes. Visitaron a Universidade, as Catedrais, asistiron ao teatro... Unha viaxe ben completiña.
Tedes máis información no blogue de Inés.

09/06/17

RECOMENDACIÓNS SEMANAIS

Presume de ler e déixate ver

Diego Reyero Rodríguez
World Football Records
Keir Radnedge

Es un libro que está basado en todas las selecciones del mundo: Sudamérica, África, Asia y Oceanía. También nos habla de la Copa Mundial de la FIFA, de la Eurocopa de la UEFA, de la Copa América, de la Copa Africana, de Naciones y otros torneos de la FIFA, como el fútbol femenino. Habla, además, de los premios de la FIFA y de la clasificación mundial.
Es un libro que me gusta bastante y que me ha informado de muchas cosas que no sabía. 

08/06/17

DÍA MUNDIAL DOS OCÉANOS

Historia muda sobre un náufrago nunha illa tropical deserta, poboada de tartarugas, cangrexos e aves, a película conta as grandes etapas da vida dun ser humano e é unha fábula sobre o crecemento e a madurez.

06/06/17

NOVIDADES


27 páxinas ilustradas homenaxean os 27 anos que Nelson Mandela estivo preso. Un caderno final reúne os documentos que narran a súa vida.
Xa o tedes na Esperela!!

05/06/17

LEMBRANDO A FEDERICO


Hai hoxe 119 anos nacía Federico García Lorca
Adscrito á Xeración do 27, foi o poeta de máis grande influenza e popularidade da literatura española do século XX e como dramaturgo se lle considera unha das cimas do teatro español.
Morreu asasinado un mes despois de comezada a Guerra Civil.

04/06/17

ADEUS A JUAN GOYTISOLO


O escritor Juan Goytisolo morreu hoxe aos 86 anos en Marrakech, onde vivía dende hai vinte anos. 
Autor dunha extensa e variada obra narrativa e ensaística, prohibida en España pola censura franquista, cultivou xéneros como a reportaxe, a literatura de viaxes ou as memorias. Goytisolo era,  ademais, un intelectual infuínte, colaborador habitual en prensa e crítico implacable do mundo contemporáneo.
No ano 2014 obtivo o Premio Cervantes e no acto de recollida do galardón dedicou o seu discurso aos habitantes da medina de Marrakech, os seus veciños.