20/10/17
19/10/17
ATRAPASOÑOS, CLUB DE LECTURA
O club de lectura comeza a súa andaina na Esperela. Atrapasoños é un amuleto con características máxicas. A lenda di que os indíxenas americanos colgaban o atrapasoños no alto das súas casas para capturar o bo dos seus soños e desbotar o malo.
O noso club de lectura leva este nome porque nós seremos atrapasoños e a lectura a nosa arañeira: os libros serán o noso amuleto para ser más felices!
18/10/17
17/10/17
PREMIO NACIONAL DE LITERATURA
16/10/17
15/10/17
14/10/17
11/10/17
10/10/17
BICOS CON LINGUA
"Bicos con lingua é un espectáculo en clave de comedia no que a través de diversas situación cotiás invita a unha fonda reflexión sobre os usos e abusos da lingua galega.
Nace dun forte sentimento de amor cara algo tan propio como é a nosa lingua: a lingua galega. Non se trata en ningún momento dun exercicio de victimismo, nada máis lonxe da nosa intención, senón de afondar nun problema real e, certamente, preocupante. Así, pretendemos que esta montaxe supoña para o espectador unha experiencia de redescobremento dunha lingua que existe e que crece na súa inmensa riqueza, a pesares dos usos e abusos aos que está sometida de cotío".
05/10/17
PREMIO NOBEL DE LITERATURA
O británico Kazuo Ishiguro, de 62 anos, foi galardoado hoxe co Premio Nobel de Literatura 2017. É o segundo autor consecutivo en lingua inglesa que consigue o Nobel, despois de Bob Dylan o ano pasado.
O xurado destacou "as súas novelas de gran forza emocional que descubriron o abismo baixo o noso ilusorio sentido da conexión co mundo". A súa obra máis celebrada é O que queda do día (1989), a súa terceira novela. A súa última obra, de fantasía, leva por título O xigante soterrado e explora como a memoria se relaciona co olvido, a historia co presente e a fantasía coa realidade.
04/10/17
PREMIO NACIONAL DE LITERATURA INFANTIL E XUVENIL
O libro de poesía Poemar o mar de Antonio García Teijeiro (Vigo, 1952) vén de se facer co Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil que outorga o Ministerio de Cultura. Publicado o pasado ano por Edicións Xerais, un mar que adquire características humanas protagoniza a obra.
García Teijeiro súmase así á nómina de autoras e autores galegos que foron recoñecidos co galardón e que certifican a calidade da literatura galega: Paco Martín, Xabier P. Docampo, Fina Casalderrey, Agustín Fernández Paz e Ledicia Costas.
Vía: Sermos Galiza
03/10/17
29/09/17
26/09/17
25/09/17
23/09/17
CHUS PATO INGRESA NA RAG
Hoxe Chus Pato lerá o seu discurso de ingreso na Real Academia Galega (RAG) como membro de número nunha cerimonia que terá lugar no IES Ramón Otero Pedrayo de Ourense.
Chus Pato (Ourense, 1955) posúe unha voz renovadora e rupturista cun marcado compromiso ético coa condición feminina e co país. Os seus primeiros poemas viron a luz na revista Escrita (1984). Parte da súa obra pode lerse tamén en revistas como (Luzes de Galicia, Festa da palabra silenciada, Andaina, Gume, Dornae Clave Orión...), e en antoloxías e libros colectivos. Urania (1991) foi o seu primeiro libro de poemas, ao que seguiron Heloísa (1994), Fascinio (1995), A ponte das poldras (1996) ou Nínive (1996), co que gañou o Premio Losada Diéguez en 1997. En 2009 fíxose co Premio da Crítica por Hordas de escritura (2008), co que volveu gañar o Losada Diéguez. Este título forma parte da pentaloxía Decrúa(antes Método), aberta no ano 2000 con m-Talá, e da que tamén forman parte Charenton (2003), Secesión (2009) e Carne de Leviatán (2013), polo que foi recoñecida co Premio da Irmandades do Libro como mellor autora do ano.
A poesía de Chus Pato foi traducida ao español, inglés, portugués, serbio, polaco, alemán, italiano ou árabe clásico, entre outros idiomas, e está presente en antoloxías internacionais.
Vía: sermosgaliza
18/09/17
28/06/17
FELIZ VERÁN!!
A Esperela pecha as súas portas por este curso. Gozade moito das vacacións e vémonos en setembro con novas lecturas e actividades!
26/06/17
24/06/17
GRADUACIÓN 2017
Unha festa de fin de curso con actuacións, música, baile, discursos, sorpresas, visitas de ex-alumnos e, un ano máis, despedimos cun agasallo da Esperela ao alumnado que marcha do centro.
Parabéns e moita sorte, rapaces!!
GRADUACIÓN 2017 on PhotoPeach
GRADUACIÓN 2017 on PhotoPeach
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)

















