01/03/11

ENCONTROS CON AUTORES

O escritor Xabier Docampo estivo o día 22 de febreiro no noso instituto nun encontro co alumnado de 1º de ESO. Os rapaces e rapazas leron a súa obra ""Cando petan á porta pola noite" e mantiveron con el un coloquio durante o que fixeron moitas e interesantes preguntas. Ademais de ser entretido e simpático, Xabier Docampo fixo interesantes reflexións sobre o feito literario que nos deixaron engaiolados. Moitas grazas por estar connosco.  



Xabier P. Docampo, fíxose escritor porque ten memoria de sí e dos seus. Porque habita a lingua e a infancia, as dúas patrias do ser humano. E cando lle preguntan polas súas lembranzas bota a falar e non para...

Podes saber mais cousas sobre o autor na Galipedia, tamén no seu blogue, ou consultar a Biblioteca Virtual Galega. Tamen conta con unha ficha na Biblioteca de Literatura Infantil e Xuvenil.

Ningún comentario:

Publicar un comentario