Dende o 3 ao 14 de marzo podemos disfrutar na cafetería do instituto da exposición: ONDAS DE IRMANDADE. HISTORIA DO ASOCIACIONISMO MARIÑEIRO SADENSE.
Organizada pola Cofradía de Pescadores e Concello de Sada, fai un percorrido polos últimos 100 anos da historia de Sada, a partir das organizacións mariñeiras do pobo. Unha historia de Sada dende o traballo dos que foron protagonistas dos cambios sociais e económicos.
Unha viaxe en imaxes e textos que nos axudan a saber quen somos e como chegamos ata o momento actual.
Non deixedes de gozar desta oportunidade.
Co noso agradecemento as entidades organizadoras.
la cafeteria decorada asi está muy biennn!! :)
ResponderEliminar