IES O MOSTEIRÓN
ACTIVIDADES LETRAS GALEGAS 2011
- Exposición de lemas a prol da lingua e das letras galegas.
O alumnado do Centro, elaborará pequenos cartaces que serán expostos no instituto durante a semana das Letras Galegas ( 17- 21 de maio).
- Proxección de varias presentacións sobre Lois Pereiro , na aula de audiovisuais , durante os días 10 , 11 e 12 de maio nos recreos das 12.10 h.
- SALVANDO LIBROS. Exposición dos cartaces cos libros salvados nas Bibliotecas Escolares e por Persoeiros. Recibidor do instituto.
- Homenaxe aos escritores galegos aos que foi dedicado o día das letras galegas. Será o día 13 de maio durante o segundo recreo, no recibidor do instituto, onde colectivamente colocaremos unha exposición das fotografías dos homenaxeados desde o ano 1963 até hoxe .
- Recitais da poesía de Lois Pereiro, durante os recreos das 12.10 a cargo do alumnado, os días 18 ( 1º ciclo da ESO) , 19 ( 2ºciclo de ESO) e 20 ( Bacharelato)
- Decoración, centrada nun autor galego , da porta da cafetería do centro,continuando o labor iniciado nas portas das aulas.
- Exposición de varios murais sobre a vida e a obra de Lois Pereiro elaborados polo alumnado de diferentes niveis.
- Como remate das actividades dedicadas á semana das letras galegas, Venres 20, as 10:30, Salón de Actos. ACTUACIÓN DE PEDRO BRANDARIZ, Monologuista e cómico.
ORGANIZAN: DEPARTAMENTO DE LINGUA E LITERATURA // BIBLIOTECA A ESPERELA // EDLG
Ningún comentario:
Publicar un comentario