SALVANDO LIBROS
Que libro salvarías ti?
Esta exposición xorde dun traballo colaborativo entre 96 bibliotecas escolares galegas e pretende ser unha chamada de atención sobre a importancia de apreciar, coidar e manter o noso patrimonio cultural escrito.
Pretendemos difundir a idea de que é imposible destruír os libros e os valores que neles se transmiten se somos quen de conseguir que formen parte de nós para sempre.
Maio 2011
Queremos dar moi especialmente as grazas a Jaime Eizaguirre Santillán, ex-alumno do IES Sánchez Cantón, que unha vez máis deseñou estes carteis tan fermosos para facer posible a actividade.
Podedes ver o perfil de Jaime, arquitecto e debuxante, aquí
e tamén aquí….
Grazas de novo, Jaime, pola túa xenerosidade
Moitísimos libros están a ser salvados nas nosas bibliotecas, que organizan as súas propias exposicións e actos.
Esta é só unha pequena escolma dos que representan a cada un dos centros que participaron na actividade.
Salvar un libro consiste en aprender de memoria un pequeno fragmento para simbolizar a asimilación de todo o seu contido. Entón xa seremos unha persoa-libro e poderemos preservalo para sempre.
A idea está baseada na obra de Ray Bradbury “Fahrenheit 451”.
Esta é a escolma de libros que representan aos centros de Educación Infantil
.
Esta é a escolma de libros que representan aos centros de Educación Primaria
Esta é a escolma de libros que representan aos centros de Ensino Secundario e algúns persoeiros relacionados co mundo das letras e a cultura
ESTA ACTIVIDADE FOI COORDINADA DESDE AS BIBLIOTECAS ESCOLARES:
ESCOLA UNITARIA DE VIDE
Dende a Esperela queremos dar as GRAZAS a todas as persoas que participaron nesta actividade, sabre todo as que fixeronna posible co seu esforzo.
No recibidor do Instituto podedes ver os libros salvados polos centros de secundaria.
Ben feito, compañeiros.
ResponderEliminarapertas
charo